VER FOTOS> |
As 10:00 do sábado deu comenzo no P. Zalaeta o partido correspondente a 4ª Xornada da Liga Galega Xuvenil Masculino entre os equipos Autos Cancela Zalaeta e C V Vigo dirixido polas colexiadas L. Lago e S. Prieto, con unha duración de 1h. 12 m. e que finalizou 0-3 con os seguintes parciais: 11-25; 16-25 e 13-25.
VER FOTOS> |
O mismo día as 17:00 daba comenzo a primeira xornada da tempada de Liga Fev no P. da Sagrada Familia entre o equipo local Fisiomas Zalaeta e cvleganes.com que se saldou coa derrota das herculinas por 0-3 ante un equipo co que se empatou a puntos na pasada tempada e co que non debería haber grandes diferencias. En cambio na cancha si que as houbo, as madrileñas comenzaron o partido con moita forza sin darlle opción ao Fisiomas Zalaeta que se veu incapaz de remontar o primeiro set e foi por detrás todo o partido. Tan so no terceiro set apareceron no partido as xogadoras de J. Barrero, que aunque tímidamente, mostraron unha parte dos seus recursos e pareceronse mais a sí mesmas que nos sets anteriores. Mal partido o das herculinas con mala recepción e bastantes erros por fata de concentración, e algo mellor en ataque pero non o suficiente para romper a ordenada defensa do cvleganes.com que fixo un partido equilibrado e estuvo ben en ataque e defendendo, e así ocupa momentaneamente a cabeza da CLASIFICACIÓN. De este modo iranse despexando as incognitas do adestrador local que a pesar do resultado do partido hoxe, sabemos que conta con unha plantilla amplia no exenta de calidade ainda que non estéa o suficientemente acoplada e vemos que os equipos comenzan a tempada con forza e sin miramentos. O próximo partido, na casa diante do Turismo de Vigo que onte gañou na casa ante o Unv. Guadalajara
VER FOTOS> |
Para o domingo día 6 estaba programado un triple enfrontamento entre o XAV CAMBADOS e o FISIOMAS ZALAETA que deu comenzo co encontro entre os equipos cadetes Femininos e que finalizou con un resultado de 3-1 con parciais de 17-25; 25-17; 25-14 e 25-22. Arbitrado pola colexiada N. Mahía, tivo unha duración de 01 h 30 m. Adestradores, local D. Hermida e visitanteVarela.
VER FOTOS> |
A continuación tivo lugar o encontro entre os equipos Xuvenis Femininio, que se resolveu con unha victoria local por 3-0 con parciais 25-10; 25-11 e 25-9. foi dirixido polos colexiados M. Folgar e N. Mahía e tivo unha duración de 00h 52 m. Adestradores, local F. Cueto e visitante Gómez.
VER FOTOS> |
Unha nova victoria do clube coruñés que continúa a sua escalada nesta categoría na que suma os seus encontros por victorias, e que sigue mandando na CLASIFICACIÓN, e a quen so lle sigue a estela o CV Pontevedra, empatados ambos a puntos pero con 2 set encaixados as do Lérez. Do partido podemos destacar, unha vez mais, o bloque que forma este equipo, unha mistura de xogadoras veteranas e xóvenes xogadoras procedentes da canteria, que non ten fisuras e que se entende moi ben na cancha.