![]() |
| VER FOTOS> |
As 10:00 do sábado deu comenzo no P. Zalaeta o partido correspondente a 4ª Xornada da Liga Galega Xuvenil Masculino entre os equipos Autos Cancela Zalaeta e C V Vigo dirixido polas colexiadas L. Lago e S. Prieto, con unha duración de 1h. 12 m. e que finalizou 0-3 con os seguintes parciais: 11-25; 16-25 e 13-25.
![]() |
| VER FOTOS> |
O mismo día as 17:00 daba comenzo a primeira xornada da tempada de Liga Fev no P. da Sagrada Familia entre o equipo local Fisiomas Zalaeta e cvleganes.com que se saldou coa derrota das herculinas por 0-3 ante un equipo co que se empatou a puntos na pasada tempada e co que non debería haber grandes diferencias. En cambio na cancha si que as houbo, as madrileñas comenzaron o partido con moita forza sin darlle opción ao Fisiomas Zalaeta que se veu incapaz de remontar o primeiro set e foi por detrás todo o partido. Tan so no terceiro set apareceron no partido as xogadoras de J. Barrero, que aunque tímidamente, mostraron unha parte dos seus recursos e pareceronse mais a sí mesmas que nos sets anteriores. Mal partido o das herculinas con mala recepción e bastantes erros por fata de concentración, e algo mellor en ataque pero non o suficiente para romper a ordenada defensa do cvleganes.com que fixo un partido equilibrado e estuvo ben en ataque e defendendo, e así ocupa momentaneamente a cabeza da CLASIFICACIÓN. De este modo iranse despexando as incognitas do adestrador local que a pesar do resultado do partido hoxe, sabemos que conta con unha plantilla amplia no exenta de calidade ainda que non estéa o suficientemente acoplada e vemos que os equipos comenzan a tempada con forza e sin miramentos. O próximo partido, na casa diante do Turismo de Vigo que onte gañou na casa ante o Unv. Guadalajara
Tamén o sábado disputábase en Oviedo o partido correpondente a 2ª Xornada da competición de 1ª Masculina entre o CV Oviedo e Autos Cancela Zalaeta que se resolveu con un 3-0 favorable os ovetenses con parciais: 25-20; 25-20 e 19-25. O CV Oviedo e un equipo serio que fixo o seu xogo aproveitándose do fallos do rival e coa ventaxa de xogar na casa impoñéndose así os coruñeses que alternaron moi bos momentos con fases non tan boas con perdas de concentración. Cometeron bastantes erros non forzados que en ocasions lles cortaban a remontada e estiveron mal en recepción. O axustado do resultado xa nos indica que están a disputar o partido, pero aínda falta mais rodaxe e mais entreno. Sigue habendo baixas, como Asier e Miguel Angel por lesión e J. Diego por trámites administrativos, que en canto se poidan incorporar a bon seguro que reforzarán este equipo. Por último, mencionar que en este partido debutou na categoría o xuvenil Espasandín, enhoraboa!![]() |
| VER FOTOS> |
Para o domingo día 6 estaba programado un triple enfrontamento entre o XAV CAMBADOS e o FISIOMAS ZALAETA que deu comenzo co encontro entre os equipos cadetes Femininos e que finalizou con un resultado de 3-1 con parciais de 17-25; 25-17; 25-14 e 25-22. Arbitrado pola colexiada N. Mahía, tivo unha duración de 01 h 30 m. Adestradores, local D. Hermida e visitanteVarela.
![]() |
| VER FOTOS> |
A continuación tivo lugar o encontro entre os equipos Xuvenis Femininio, que se resolveu con unha victoria local por 3-0 con parciais 25-10; 25-11 e 25-9. foi dirixido polos colexiados M. Folgar e N. Mahía e tivo unha duración de 00h 52 m. Adestradores, local F. Cueto e visitante Gómez.
![]() |
| VER FOTOS> |
Unha nova victoria do clube coruñés que continúa a sua escalada nesta categoría na que suma os seus encontros por victorias, e que sigue mandando na CLASIFICACIÓN, e a quen so lle sigue a estela o CV Pontevedra, empatados ambos a puntos pero con 2 set encaixados as do Lérez. Do partido podemos destacar, unha vez mais, o bloque que forma este equipo, unha mistura de xogadoras veteranas e xóvenes xogadoras procedentes da canteria, que non ten fisuras e que se entende moi ben na cancha.




















