/PARTIDO XUVENIL MASCULINO APLAZADO

PARTIDO XUVENIL MASCULINO APLAZADO

   Hoxe celebrouse en San Sadurniño o partido correspondente a primeira xornada da Liga Galega Xuvenil Maculino que fora aplazado no seu día. Enfrentáronse os equipos BIG MAT SUEIRAS SAN SADURNIÑO e  AUTOS CANCELA ZALAETA con resultado de 3-0, con parciais  25-15; 25-19 e 25-20. Encontro dirixido polos colexiados Ramiro Riveros e Uxío García con unha duración de 1h e 10 m. Adestradores polos locais Mahía e visitantes J. Lendoiro.
   Big Mat Sueiras San Sadurniño: 2 Piñón, 17 Prieto, 11 Fernández, 8 Rodriguez, 9 Blanco, 16 Castro, 5 Betancur, 13 Ávila, 3 Castro J e 12 Sixto.
   Autos Cancela Zalaeta: 9 Espasandín, 6 Muñiz, 2 De Laviuda, 16 Martinez, 5 Gomez-Reino, 7 García e 12 Pérez..
   En esta ocasión contamos coa incorporación do tamén cadete Fredy, que de esta forma debuta na categoría nun partido complicado para os do Instituto ante un equipo a priori dos aspirantes a mandar na clasificación que presenta un bloque conxuntado, dificil de batir.
   A pesar do resultado o equipo coruñés deu a cara na cancha ante un rival superior e foron, a medida que gañaron confianza, de menos a mais hasta tutear o contrario no 3º set  25-20. Este partido  deixoulle unha agradable sensación o adestrador Jorge Lendoiro: ” A pesares da derrota, este equipo falto de partidos e con xogadores que comenzan na categoría, no se veu abaixo,  deu a cara e mostrouse con moitas gañas en todo momento. Tiveron moi boa actitude na cancha”.
   O “Sansa” presentou unha formación que é practicamente a mesma que a da tempada pasada, con xogadores veternanos na categoría e con experiencia en ligas superiores coma 2ª e 1ª, parecéndonos un equipo sólido con serias aspiracions a CLASIFICACIÓN final e que con esta xa suma tres victorias.
     O próximo partido no P. I. Zalaeta contra o Vigo Voleibol que en estes momentos ocupa o 3º posto na táboa.
TAGS: