/XORNADA 15/10/2011

XORNADA 15/10/2011

VER FOTOS>
   Hoxe recibimos no Pavillón do Instituto aos equipos de A.D. A Pinguela que desplazou a nosa cidade os equipos Cadete e Xuvenil Feminino para os partidos correspondentes a 2ª Xornada de Liga.
   As 11:00 tivo lugar o encontro de Categoría Xuvenil que finalizou con un resultado favorable de 3-1 con parciais: 25-19; 25-27; 25-12 e 25-6.
   C V ZALAETA: 11 Rita, 6 Amara, 3 Sofi, 15 Andrea, 17 Patri, 5 Jessy, 7 Paula L.,9 Lydia, 13 Marta y 18 Paula M.
A.D. A PINGUELA: 10 Márquez, 5 Guedella, 132 Armesto, 2 Mariño, 8 López, 3 Fernandez, 11 Camino y 9 Regueiro.
   Dende o principio o partido decantouse a favor do FISIOMAS-ZALAETA que impuxo o seu xogo e só cedeu o segundo set no que a perda de concentración das coruñesas supuxo a remontada das de Monforte, conxunto que botou de menos a algunhas das suas xogadoras desplazadas co primeiro equipo. Destacar que a colocadora local Macarena continúa recuperándose da lesión ocasionada na pretempada da que agardamos o seu pronto restablecemento. Nova victoria, pois, do equipo que adestra Fernando Cueto que lle permite permanecer ao mando da CLASIFICACIÓN.
______________________________________________________________________________________
VER FOTOS>
   As 12:30 deu comenzo o partido entre os equipo Cadete Feminino:
CV ZALAETA: 16 Andrea R., 17 Lydia, 1 Lucía, 9 Raquel, 8 Nerea, 
11 Paula, 7 Miluska, 15 Laura, 18 Irene, 6 Ana, 4 Andrea F., 12 Inés,
A.D. A PINGUELA: 10 Váquez, 13 López R., 3 Fernández, 8 López C., 11 Camino, 12 Armesto, 5 Guedella, 2 Mariña, 9 Regueiro, 4 Bocanegra y 18 Rodriguez.
   As xogadoras de Monforte mostráronse dende o comenzo como un equipo experimentado na categoría que non daba opcións ao FISIOMAS-ZALAETA que sufría unha derrota incontestable con unha plantilla que ten que adaptar o seu nivel a liga galega para o que o técnico D. Hermida conta con unha ampla plantilla e non exenta de calidade. O terceiro set foi o da remontada das locais, cando xa se daba practicamente por finalizado lograron forzar un quuinto set logo de un empate 2-2. O “tie-break” resolveuse a favor das monfortinas que pareceron reaccionar no derradeiro  intre  para gañar o partido por 2-3 con os seguintes parciais:
16-25; 19-25; 26-24; 25-19; 5-15. Con este resultado o CV Zalaeta perde a cabeza da CLASIFICACIÓN
__________________________________________________________________________________
VER FOTOS>
   O CV Zalaeta de 2ª Divisón A Feminina recibiu ás 17.30 na súa cancha ao  Boiro Voleibol. O encontro, que enfrontou ás actuais campionas e subcampionas da liga pasada, resultou favorable para as locais, que acadaron un 3-0 (25-8/25-17/25-21), e formaron cos seguintes equipos:
Fisiomas CV Zalaeta: Susana, Sofía, Paula M.(líbero), Rita, Jessica, Andrea, Patricia, Lucía, Paula, Amara y Marta.

Proboin Boiro Voleibol: Sandra Lojo, Ángela Triñanes, Rebeca González, Elena García, Katy Sampedro, Ángela Fernández, Carla Castro (líbero) Evelyn Urrutia, Andrea Maneiro e Luisa Ferreirós.

   O equipo coruñés recuperou a xogadoras que, por diversos motivos, non puideron incorporarse ao comezo da liga regular, como Lucía e Paula; e que, co apoio de xogadoras procedentes do equipo xuvenil, realizaron un bo partido acadando unha contundente victoria sobre o seu rival boirense, que non estivo á altura dos resultados do campíonato pasado. Deste modo, o conxunto dirixido por Fernando Cueto e Asíer García continúa á fronte da CLASIFICACIÓN.

 Ao remate quedamos no CHAPA MARINEDA.

TAGS: