/ACTUALIDADE DEPORTIVA DO FISIOMÁSZALAETA

ACTUALIDADE DEPORTIVA DO FISIOMÁSZALAETA

Jorge Barrero

  Avanza a preparación a medida
que se achega o comezo da Liga, defínese o equipo ao tempo que se
realizan diferentes traballos para lograr un óptimo estado de forma das
xogadoras, que desexan verse inmersas na competición xa que esta será a
que poña as cousas no seu sitio e resolva as dúbidas. Unha charla cos
adestradores, axúdanos a clarificar as cousas.
  Con respecto ao ano pasado, o corpo técnico continúa coa mesma estrutura, Jorge Barrero primeiro adestrador, Chisco Sánchez segundo e a cargo da estatística e a achega de Fernando Cueto como terceiro adestrador,

 “Si, di Jorge, Fernando
poderá botarnos unha man con maior continuidade que a tempada pasada. É
fundamental contar co maior número posible de técnicos, xa que iso
aumenta moito as posibilidades de mellorar a estrutura dos adestramentos
e aproveitar moito máis o tempo de que dispoñemos”.
 
  En canto a composición do equipo, esta sofre variacións, ¿Cales son?

Jorge: “As baixas son Patricia Suarez que fichou polo Figaro Haris de Tenerife e Marga Echevarría e Macarena Corvo
que por diversas circunstancias non xogarán esta tempada e a ausencia da central Olalla na fase incial da liga, por motivos laborais. Non me
formulo se son doadas ou non de suplir estas baixas, simplemente supoñen que
xogadoras que outros anos participaron menos terán agora máis
responsabilidade, e o mesmo sucede con xogadoras novas, que se o
conquistan terán máis oportunidades de xogar este ano”.
 
  Preséntasenos unha tempada chea de novidades importantes en todos os ámbitos, tanto en SF2 coma na competición de Copa Galicia.
J.M. “Chisco” Sánchez

Para Jorge Barrero,
“En SF2 non é que haxa cambio de formato é que xa está previsto que
segundo o número de equipos varía o sistema e ao ser máis de 13 prevese
que se xogue en dous grupos, clasificándose os dous primeiros de cada
grupo para a liguilla de ascenso.
En
canto á Copa Galicia, preténdese que sirva máis como preparación para os
equipos, enfrontándose só con equipos da súa categoría, polo que se
establecen tres Copas paralelas, a
Copa Galicia para os de
categoría nacional, a Copa Federación para os de categoría sénior e
xuvenil autonómica, e a Copa Promesas para os de categoría cadete”.

  

  Existe acordo entre os adestradores acerca do sistema de competición,

“Na miña opinión, di Chisco,
o formato de SF2 non beneficia máis que aos equipos que se clasifiquen para o grupo de
ascenso xa que o resto xogará un número escasos de partidos…..”

A Jorge
non lle gusta o novo formato: “Por que salvo os dous primeiros de cada
grupo, os restantes 16 equipos xogarán só 18 partidos, e a competición
paréceme demasiado curta, xogas menos partidos que equipos hai inscritos
(20), as tempadas anteriores con moitos menos equipos inscritos,
xogamos 20 e 22 partidos. É moi difícil que o equipo e as xogadoras
melloren ano a ano con competicións tan curtas”.
 
  A pesar de
enfrontarse a un formato diferente en cada edición da SF2, tres tempadas
consecutivas na categoría, ¿converten o club do Instituto nun veterano
da categoría?

Chisco: “Por suposto xa que esta liga ten tres anos de existencia, con este, se non me equivoco….. e Zalaeta está presente nos tres”.
Jorge:
“Efectivamente o club está bastante asentado en SF2, o cal é positivo,
creo que especialmente para as xogadoras máis novas dos equipos
coruñeses, que deben ver que se traballan, poden chegar a xogar nunha
categoría atractiva dende o punto de vista deportivo. Polas
circunstancias do noso club ademais perdemos xogadoras cada ano e
necesitamos incorporar continuamente xogadoras procedentes das
categorías de base do volei coruñés”.
 Nas pasadas campañas,
respondeuse ás expectativas? Os resultados obtidos poñen o listón alto
ou baixo?, de que xeito condicionan o traballo do equipo?

Jorge:
“Nós actualmente non podemos aspirar ao ascenso á Superliga, e polo
tanto a valoración que fago das tempadas non é tanto en función do posto
final, senón polo nivel de xogo que o equipo alcance. De feito o ano
pasado rematamos en mellor posición que o anterior, e non obstante a
miña valoración da tempada pasada é peor que a 12-13. Este ano o equipo é
novo en canto a moitas xogadoras, e sobre todo porque algunhas que xa
estaban no equipo con pouca participación terán máis protagonismo. Polo
tanto os resultados do ano pasado non teñen ningunha influencia nos
nosos obxectivos para esta tempada”.

“A expectativas son, para Chisco, que as xogadoras vaian gañando experiencia cada ano e melloren tecnicamente”.
 
  Estamos
en plena pretempada e ao mesmo tempo comeza a competición coa
celebración da Copa Galicia, que este fin de semana dará o pistoletazo
de saída á competición oficial co primeiro dos tres enfrontamentos este
domingo no Barrio. Como se conxuga a preparación da Liga coa disputa do
primeiro título da tempada?
Jorge:
“No noso caso, e supoño que no de todos os nosos rivais tamén, estes
partidos de Copa Galicia non son máis que un medio para chegar ben ao
principio da liga, véñennos moi ben para chegar con ritmo de
competición, pero en ningún caso a semana se planifica en función
deles”.

Chisco: “Pois a pretempada está
orientada en chegar nas mellores condicións para o inicio da liga… a Copa Galicia, o que nos vai achegar, son partidos de rodaxe para lograr
ese obxectivo, “sen deixar de competir, obviamente”…..
 
  En canto ao volei galego da categoría si temos cambios, perdemos ao EMEVE por ascenso a SFV, continúa o Xuvenil… pero o primeiro choque é un triangular entre os tres equipos de Superliga.
 Jorge: “É un cambio afortunado neste caso, xa que supón o ascenso do Emeve
a Superliga, do que persoalmente me alegro moito, tanto polo club, que
leva moitos anos traballando moi ben dende o punto de vista deportivo, e
creando unha boa estrutura tamén dende o punto de vista social e
deportivo, coma polo seu adestrador Jose Valle, que ademais de moi bo adestrador é un bo amigo e meréceo máis que a ninguén”.
 
  Como aborda o Zalaeta este enfrontamento?

Jorge:
“Para nós esta primeira xornada é un primeiro paso no proceso de
acoplamento do equipo, serviranos para ir conxuntándonos e ao ser dous
partidos permitiranos que todas as xogadoras dispoñan de minutos. Os
obxectivos previos serán de tipo técnico e táctico, e non competitivos,
aínda que loxicamente unha vez que empecen os partidos faremos todo o
posible para gañalos”.

Chisco:
“Serán partidos de preparación que servirán para que se adapten as
xogadoras ao sistema de xogo, etc… Como comentaba ao principio é
difícil prognosticar un resultado, sobre o papel, deberiamos gañar ante o
Xuvenil e poderiamos perder ante o EMEVE, pero haberá que xogar os partidos…”