/ENTREVISTA CON SHEILA “CHEY” ARIAS .

ENTREVISTA CON SHEILA “CHEY” ARIAS .

 Nome, profesión, traballo, estudos…
 Sheyla Arias Lourés (coñecida por Chey)
 Estudei bacharelato de Artes e teño a Diplomatura en Arquitectura de Interiores

 Unha afección, un libro, unha película.
 Como afeccións o cine e a música, me encantan os deportes de risco (Paracaidismo, Snow…) un libro?? A triloxia de Anatomía de Grey e Melocotóm Loco, como película quedo coas 2 de Sexo en NY, identifícome moito con elas no meu grupo de amigas..jeje
 
 Onde te iniciaches no voleibol, cal é a túa traxectoria.
 Empezei xogando
ao voleibol no colexio Divino Maestro, como me adestraba a irmá pequena
dos Bouza, entrei nas categorias inferiores do Emeve de Lugo e de ahi ata que fun sénior que me vin a Coruña. Xoguei no Torruf, CV Millenium, Zalaeta… volvín xogar en Lugo a tempada 2010-2011 e outra vez aquí en Zalaeta ata a actualidade.

 Posición na que xogas, sempre xogaches nesa posición?
 Gústame definirme como receptora-atacante 4… pero xoguei de oposta en varias ocasións e de Libero case 5 anos en Torruf e CV Millenium
 
 Un exemplo, referencia do volei
ou do deporte en xeral. 
 No que ao voleibol se refire, varias xogadoras
coas que compartín viaxes, moitas horas de adestramento e vestiario e
que hoxe estan no mais alto do Voleibol Nacional, Majo Corral e Helia Gonzalez, no mundo do deporte en xeral e individual: Rafa Nadal.

 O mellor recordo que teñas do volei, partido, torneo, equipo, título… 
 Guardo especial recordo dos Cptos Gallegos gañados sendo cadete, en xuvenís, un Cpto de España por seleccións en Huelva onde xogamos a final contra Canarias, televisárono e todo!! jeje.. E sendo sénior clasificarnos para a fase de ascenso contra o Haro na súa casa e o MVP que me deron na fase de ascenso a Primeira Nacional na Coruña.
  Dende o teu punto de vista, que achegas ao equipo? 
 Creo que achego veterania, experiencia e seguridade… adaptome a calquera situación sen deixar de perder a miña personalidade.

  Que é o que non se che dá tan ben, o que máis che custa.
  Son bastante pez en bloqueo,,,jeje unha materia pendente.

  Unha socia, cómplice na cancha.
  Rocío Durán, somos compañeiras, amigas…medio irmás!! jeje coñecémonos dende nenas, fomos ao mesmo colexio, instituto e xogamos e vivimos xuntas moitíiiiiisimos
anos, levamos moito tempo sendo parella en Voleibol Praia e coñecémonos
tanto fóra e dentro da pista que nos complementamos dun xeito natural.

  Que é na túa opinión o mellor do equipo? 
  Aínda que ás veces poida
parecer algo negativo, a diversidade de idades e personalidades entre as
xogadoras… creo que cada unha sabe cual é o seu lugar e o que achega. Hai bo ambiente no vestiario.

  Como ves a tempada que acaba de finalizar, estás satisfeita co teu
rendemento? 
  Persoalmente, para min supuxo
un pouco “fracaso” non ternos metido na Copa Princesa, entre a mala
sorte das lesións e os cruzamentos, foi a unica
xornada que non estivemos entre as 4 primeiras!!! Pero foi unha ano de
novo acoplamento entre as baixas de xogadoras e as novas e importantes
incorporacións de Xuvenis.

  Realmente paga a pena o esforzo que realizas e a dedicación a este deporte? 
  Hummm…
pensoo tantas veces!!!! paga a pena a dedicación polo amor a este
deporte, algo que levo facendo mais de 20 anos, e que xa forma parte da
miña vida diaria. Ademais axuda para a desconexión da rutina que produce a vida cotiá cando te fas maior…jeje.
 
   Ser muller e deportista…… 
  E
un orgullo, pero non creo que por ser muller debamos de sentirnos
inferiores ou que nos resulte mais complicado. O recoñecemento gáñase
con traballo e esforzo e iso custa tanto a homes como mulleres.