a estas alturas podemos considerala xa unha veterana no voleibol da
nosa cidade, volta a renacer para o deporte despois de que unha lesión
estivese a punto de apartala da actividade. Parece que lle gusta chamar a
atención porque sempre leva unha camiseta diferente ás demais e fai
cousas raras na pista, pero non, é unha libero, unha xogadora
especializada en defensa que ten unhas condicións especiais de xogo.
Balance da tempada. O mellor e o peor.
O
balance desta tempada a nivel colectivo creo que foi positivo. É dos
anos que máis grupo fixemos e creo que iso se puido plasmar na pista.
Como o mellor destaco que tendo un equipo con moitos defectos, o
soubemos levar e demos todas a mellor de nós, ata chegar a conseguir
unha terceiro praza que a principio de tempada ninguén tivese pensado. O
equipo estivo máis unido que nunca e todos intentamos remar na mesma
dirección. Creo que este foi un dos factores que nos levou ao éxito. Sen
pensalo, o mellor deste ano é o equipo, a nivel de vestiario.
da Copa princesa. É o segundo ano que nos quedamos ás portas e chegar
ao último partido con todas as opcións na nosa man a verdade, foi
incrible. Recordo aquel partido contra Gijón
no que un 3.0 nos levaría directas á Copa, coma se fose onte. Quedarnos
a un set de ir a xogala, sen dúbida, foi o peor de toda a tempada, pero
tamén hei de dicir que o apoio de todo o equipo e afección aquela
semana e especialmente aquel partido foi algo que ogallá volvamos vivir.
Tamén a posibilidade de chegar a xogar a fase de ascenso e non o
lograr, fíxonos un pouco amargo o final de tempada.
Sinceramente non. Jajajaja.
A principio de tempada cando viamos o equipo que tiñamos, eu pensaba
que na Liga na que estamos non iamos loitar por Copa Princesa nin pola fase
de ascenso pero grazas ao esforzo de todo o equipo, tanto xogadoras
coma corpo técnico, puidemos loitar cos mellores desta Liga.
nivel individual tampouco esperaba o rendemento que tiven. Creo que foi
das miñas mellores tempadas, tamén porque baixo o meu punto de vista,
foi a tempada que máis me esforcei e na que, por sorte, non tiven
ningunha lesión despois dos dous últimos anos nos que dúas lesións me
deixaron fóra do final de Liga. Grazas á lesión do ano pasado, creo que
volvín con máis forza que nunca a xogar, xa que me apartou durante moito
tempo e estiven a punto de deixalo.
En Coruña caeron todos os equipos, cal é o plus que ten o Zalaeta xogando na casa?
Que conseguimos facer un Fortín, onde ningún equipo puido levarse puntos, onde conseguimos un 27 de 27. . Jajaja.
Creo que o plus é que na casa xogas mellor, non tes que viaxar polo que
estás máis descansada e ademais tes a túa afección apoiándote. A
concentración tela dende que saes da túa casa ata que entras na pista e
pita o árbitro, mentres que se xogas fóra, non creo que sexa a mesma
concentración.
-Son de fiar as estatísticas, ata que punto se unha xogadora aparece moitas veces é realmente boa?
Para nada. Eu só me fío das do noso estatístico Chisco jajajajaja.
Cando vas fóra ves estatísticas que non entendes xa que non todos teñen
os mesmos criterios. O que non é normal é que haxa receptoras con
porcentaxes por enriba do 70% na nosa Liga.
Os
éxitos son culpa de todos, tanto de xogadores como adestrador e corpo
técnico. Está claro que as que xogamos somos nós, pero sen o adestrador
non habería éxito. Todos sabemos cal é o noso papel dentro do equipo, e
unindo todos os papeis chegamos aos éxitos.
Que che pon dos nervios durante un partido?
Intento
non me poñer dos nervios nunca, e se me poño, intento que non se note.
Pero algo que me pon dos nervios é ver como non saímos dunha rotación
por moito que o intentemos. Nese momento creo que é necesario un tempo
para que nos relaxemos todas, as do campo e as do banco, e saír a
cambiar a situación.
Eu
empecei hai moitos anos, en cadetes. Pouca xente entende este posto,
sempre me din que son a rara», «a da camiseta diferente» ou mesmo «a
capitá» jajajaja. Cústalles entender porque
non paramos de saír e de entrar na cancha e porque levamos roupa
diferente. Cheguei a este posto porque era demasiado baixiña, jajaja
e sinceiramente, ao principio non me gustaba nada. A idea de non sacar
nin atacar fíxome chorar os primeiros días, pero agora non o cambiaría
por ningún outro posto. Encántame defender.
Hai moita competencia, pero con So
é unha «competencia sa». Vannos rotando cada partido, practicamente, e
sabemos que imos xogar máis ou menos o mesmo se as dúas estamos ao mesmo
nivel durante a semana de adestramentos. Sinceiramente, creo que toda
xogadora debería ter unha competencia dentro do seu equipo porque che
axuda a mellorar moito, sabendo que se o teu rendemento baixa, vai xogar
outra no teu posto.
Un día de descanso, sen nada que facer a que o dedicarías?
O
que realmente me relaxa e me distrae é adestrar, por iso cando máis
sufocada estou con temas da miña vida, é cando máis ganas teño de
adestrar. Pero nun día de descanso quedaría cos meus amigos, dar un
paseo, saír a cear e tomar algo, ir á playa..no
gústame nada quedar na casa. Son de facer mil plans. Aínda que para ser
un fin de semana perfecto, sen dúbida, teño que ter partido nel barrio
de las flores, coa xente que quero nas bancadas.