Alba Quirós Valle. Las Palmas de Gran Canaria, 1996.
Profesión, traballo, estudos…
Recén rematado 2º de Bacharelato
Unha afección, un libro, unha película.
O voleibol sobre todo. Leo bastante así que escoller un libro sería complicado, pero un destacado: Mariña, de Carlos Ruíz Zafón. Unha película que non me cansaría de ver, El diario de Noa.
¿Onde te iniciaches no voleibol?, traxectoria
primeira persoa que me ensinou o máis básico do voleibol foi a miña
nai, a cal xa xogara con anterioridade. Xa en Galicia, comecei no Liceo
‘La Paz’, onde me adestraron Susana e Mirtha, dende 1º de benxamín ata infantís onde pasei ás mans de Ricardo,
adestrador que marcou moito a miña traxectoria deportiva. Participei na
Selección Galega durante o meu segundo ano de infantís, no mesmo ano, o
Liceo fomos ao Campionato de España. Ao rematar o meu último ano de
cadete no Liceo, vin para Zalaeta, onde
conseguimos clasificarnos en dous Campionatos de España e, este último
ano, alcanzar o título de campioas galegas na categoría xuvenil.
Posición na que xogas, ¿sempre xogaches nesa posición?
Actualmente xogo de oposta, aínda que comecei en infantís sendo colocadora.
Un exemplo de deportista, referencia do volei ou do deporte en xeral.
Ivan Zaytsev.
Afortunadamente, teño moitos recordos positivos do voleibol, pero se
teño que quedar cun, o partido que disputamos contra o Olímpico na
Superliga Júnior 2014, onde conseguimos unha vitoria que nin eu mesma
puiden crer.
Dende o teu punto de vista, ¿que achegas ao equipo?
Este
ano só participei en sete partidos en SF2 polo que o meu papel é
máis ben secundario, igualmente non deixo de animar as compañeiras e
transmitir as ganas de gañar.
¿Que é o non se te dá tan ben?, o que máis che custa.
Se hai algo no que son completamente nula é na recepción, aínda que non por iso perdo as ganas de adestrar para poder mellorar.
Unha socia, cómplice na cancha.
¿Que é na túa opinión o mellor do equipo?
Na miña opinión, a mestura entre xogadoras veteranas e as máis novas.
¿Como ves a tempada que acaba de finalizar, estás satisfeita co teu
rendemento?
rendemento, comparándoo co ano pasado, estou bastante satisfeita aínda
que me queda moito percorrido por facer. En canto o equipo, penso
que tivo os seus altibaixos como todos os demais, pero que mantén o seu
potencial a desenvolver para a próxima tempada.
¿Realmente paga a pena o esforzo que realizas e a dedicación a este deporte?
Absolutamente.
Ser muller e deportista……
Ser
muller e deportista, aínda que en certos casos e complicado posto que
existen outros deportes máis aclamados, é todo un orgullo e, este ano
foi moi reconfortante ver que as bancadas dos pavillóns se ían enchendo
cada vez máis.