/ENTREVISTA CON PATRI SANTOS.

ENTREVISTA CON PATRI SANTOS.

 Nome, data e lugar de nacemento.
 Patricia Santos Fernández.  A Coruña 1995.

 Profesión, traballo, estudos…
 1º do Grao en Administración e Dirección de Empresas na UDC.

 Unha afección, un libro, unha película.
 O voleibol, o debuxo.

 ¿Onde te iniciaches no voleibol?, traxectoria.
 No Colexio Liceo “La Paz”. En 1º de cadete comecei a xogar no Club Voleibol Zalaeta ata agora.

 Posición na que xogas, ¿sempre xogaches nesa posición?
 Colocadora. Si, dende pequena faciamos cambios para poñerme nesa posición.

 Un exemplo, referencia do volei ou do deporte en xeral.
 Referencia do volei: Eleonora Lo Bianco. Do deporte en xeral: Rafa Nadal.

 O mellor recordo que teñas do volei, partido, torneo, equipo, título….
 A Superliga Júnior 2014, o Campionato Galego 2014, o meu primeiro Campionato de España Xuvenil 2011 en Arriondas e cando fomos campioas de Segunda División A no 2012.

 Dende o teu punto de vista, ¿que achegas ao equipo?
 Este
foi o meu primeiro ano en SF2, e o meu papel foi máis
secundario, pero aínda así saben que poden contar comigo en todo
momento. A miña responsabilidade estivo no equipo xuvenil, onde era a
capitá e a colocadora, e onde tiña que levar enriba case todo o peso do
equipo.
 ¿Que é o non se te dá tan ben?, o que máis che custa.
 Sinceiramente, son un pouco vaga (ás veces), sobre todo en defensa.

 Unha socia, cómplice na cancha.
 Andrea Rivas, á parte de compañeira en varios equipos, amiga fóra.

 ¿Que é na túa opinión o mellor do equipo?
 Que posiblemente sexamos o mellor equipo da categoría pero hai que traballar como equipo para poder demostralo.

 Como
ves a tempada que acaba de finalizar, ¿estás satisfeita co teu
rendemento? 
 Co meu rendemento estou
satisfeita por etapas, pero comparado ao ano pasado síntome moito máis
cómoda no campo e preparada. Respecto ao rendemento do equipo non estou
moi satisfeita, creo que poderiamos ter cumprido uns obxectivos maiores,
como xa dixen somos un dos mellores equipos da categoría e un cuarto
posto aínda que non está mal, déixanos unha sabor de boca un pouco
amargo. Confío en que o ano que vén traballemos un pouco máis como
equipo e así poder lograr unha mellor posición.
 ¿Realmente paga a pena o esforzo que realizas e a dedicación a este deporte?
 Está
claro que se isto non me gustase non aguantaría adestramentos todos os días
e fins de semana ocupados por aí, indo a xogar. Sí, paga a pena.

 Ser muller e deportista……
 Xa
é complicado xogar ao voleibol, xa que non é un deporte maioritario é
España, como para conseguir recoñecemento sendo voleibol feminino. Aínda
así é un orgullo ser muller e deportista.