/ENTREVISTA CON LYDIA ALONSO

ENTREVISTA CON LYDIA ALONSO

 Nome, data e lugar de nacemento.
 Lydia Alonso Carballo, 16-10-1997 A Coruña.
 
 Profesión, traballo, estudos…
 Estudo 1º Bacharelato.
 
 Unha afección, un libro, unha película.
 Gústanme os videoxogos ,sobre todo se é en compañía, e facer cousas novas e diferentes, para saír da rutina. Un libro… gustame o estilo de lectura do manga, sobre todo os tomos de Death Note e como película, encántanme as de Parque Xurásico.

 ¿Onde te iniciaches no voleibol?, traxectoria.
 Empecei adestrando con rapaces maiores no Instituto de Santa Cruz, mentres xogaba ao baloncesto, finalmente decidinme polo voleibol e seguín adestrado en CV Zalaeta.
Dende entón pasaron uns 4 anos e estou encantada do ambiente que hai.
Empecei a xogar de infantil, xogando a Liga Galega infantil e cadete,
participei nos Campionatos de España coa selección galega durante 3
anos, xoguei varios campionatos de España con Zalaeta
en xuvenil e cadete. Fun 2 anos consecutivos ao 8 Nacións coa Selección
Española
xuvenil e participei no Premundial e o Preeuropeo coa Selección Española júnior.

 Posición na que xogas, ¿sempre xogaches nesa posición?
 Dende
o principio, como son moi alta, os adestradores xa me viron como
central, e niso sigo, aínda que o que de verdade me gusta do voleibol, é
poder adestrar a técnica de todas as posicións para ser unha xogadora
completa. Gústame moito defender, aínda que as centrais temos o noso
traballo na rede.

 Un exemplo de deportista, referencia do volei ou do deporte en xeral.
 As miñas 2 xogadoras favoritas son a central brasileira Fabiana Claudino e a catro xaponesa Saori Kimura. Ademais encantaríame ter a oportunidade de xogar con Helia González, á que tiven a sorte de ter como adestradora na Selección Galega e é unha gran persoa.

 O mellor recordo que teñas do volei, partido, torneo, equipo, título…
 O meu primeiro punto internacional no 8 Nacións, que foi un bloqueo. Foi unha sensación super intensa.

 Dende o teu punto de vista, ¿que achegas ao equipo?
 Creo que son moi tranquila e intento ter unha actitude neutra no campo, para non desconcentrar ao equipo nin a min mesma.
 ¿Que é o non se te dá tan ben, o que máis che custa?
Teño aínda moito que aprender e especialmente en recepción, os saques curtos mátanme.

 Unha socia, cómplice na cancha.
 Cando estou a xogar todas temos que ser unha, pero no momento do xogo, confío moito en Cristina.

 ¿Que é na túa opinión o mellor do equipo?
 Para min o mellor é poder xogar con xogadoras con moita experiencia, porque me sinto máis segura.

 ¿Como ves a tempada que acaba de finalizar, estás satisfeita co teu
rendemento?
 Despois dunha lesión tan
longa custoume moito arrancar, pero fun mellorando pouco a pouco, con
axuda das miñas compañeiras, e puiden render moito máis.
Estou moi
contenta do cuarto posto, pero estou segura que somos máis fortes porque
houbo momentos nos partidos nos que me sentía coma se todas fosemos unha,
e xogabamos xenial.

 ¿Realmente paga a pena o esforzo que realizas e a dedicación a este deporte?
 Se, e gustaríame dar máis, aínda que é complicado compaxinalo cos estudos, estaría a adestrar 24 horas!!!

 Ser muller e deportista…… 
 Estou
completamente segura, de que as mulleres podemos ser deportistas de
alto nivel, pero temos menos recursos que o deporte masculino porque hai
xente que segue pensando que o deporte de rapaces é máis entretido,
xente que non viu un partido feminino na súa vida, pero non nos podemos
render, temos que seguir loitando por un deporte igualitario.