/ENTREVISTA CON PATRICIA

ENTREVISTA CON PATRICIA

 “EU NON PODERÍA FACER PUNTOS SEN O TRABALLO DO RESTO DAS COMPAÑEIRAS”.
Patricia Suarez Bravo

   O Club Voleibol Instituto Zalaeta, un club modesto dentro de panorama do Voleibol español, inicia esta tempada a súa aventura en SF2. Nuns tempos especialmente convulsos pola situación económica e social que marca, seguramente, a actividade deportiva deste e outros deportes, comenza o seu andadura nunha categoría na que non militara anteriormente, e cun equipo que podemos considerar prácticamente na súa totalidade coruñesa, realiza unha liga regular  excelente na que consegue a terceira posición e o pase á fase polo ascenso.
   Deste xeito o Club do Instituto colle o relevo de anteriores proxectos do voleibol na nosa cidade, e  baseado no deporte feminino toma o camiño da élite converténdose no catalizador do voleibol da Coruña, centrado, como non podía ser doutro xeito, na canteira e na súa combinación con xogadoras veteranas procedentes dos anteriores proxectos locais e tamén doutros puntos de Galicia.

   Nun grupo no que o protagonismo é das xogadoras, destaca a presenza de Patricia Suarez,
   Que é o que che leva a fichar polo Zalaeta esta tempada 12-13? ….
As ganas de volver a casa e xogar neste equipo. O voleibol nacional non está pasando o seu mellor momento  e a oportunidade de poder xogar nun equipo da miña terra é para min unha gran satisfacción.

   Coñecías ás compoñentes do equipo? A súa composición axúdache a decidirche?..
Si que as coñecía, coa maioría xa xogara antes de marcharme a xogar fóra. Formamos  un bo equipo dentro e fóra da pista.

   A anterior tempada militabas en Monforte, en AD A Pinguela en SF2, polo que coñecías perfectamente a categoría,
   Era, a priori, unha incógnita o posible rendemento deste equipo recentemente chegado a SF2?….
Nada é imposible con traballo e esforzo, e a verdade é que as cousas están saíndo ben. É outro nivel superior pero imos poñer todo da nosa parte para loitar ata o final.

   Patricia Suarez Bravo, Sada 1988, comeza a xogar ao voleibol na súa localidade onde lle xorde a oportunidade de formar parte da concentración da Selección Española Xuvenil no CAEP, Soria, onde pasa dous anos formándose como xogadora durante os cales compite na segunda liga española á vez que defendía a camiseta nacional en competicións internacionais  como o Torneo 8 Nacións. Nestes anos tamén conquista o Campionato de España  Xuvenil dúas veces consecutivas co CV JAV Olímpico das Palmas de Gran Canaria. Finalizada esta etapa e pasa a xogar en Superliga onde milita no CV JAV Olímpico das Palmas, en CV Fígaro Peluqueros de Tenerife e no AD A Pinguela de Monforte antes de recalar no FisiomásZalaeta.
   Es unha xogadora con experiencia no volei español e coñecedora do seu nivel, xa vimos ao Vall d´Hebrón no Barrio das Flores de onde se levou a vitoria na súa visita,


 ¿Como ves esta Fase que comezou o pasado día 23, que papel pensas que pode realizar este equipo?
Véxoa bastante complicado xa que son equipos moi bos, pero estamos traballando duro para poñerllo o máis difícil posible. Temos ganas de mostrar o noso verdadeiro potencial e estamos preparadas para o que veña, loitaremos ata o final e intentaremos aprender o máximo posible. Todo o club somos unha piña, non só as xogadoras, directivos e corpo técnico tamén, sabemos o que podemos chegar a dar.

   Esta tempada, Patricia Suarez non pasou desapercibida, a oposta de Sada acredita uno números realmente envidiables, nada menos que 200 puntos nos partidos da Liga Regular e máxima anotadora na maior parte dos encontros disputados aos que hai que sumar 23 na final da Copa Galicia. Todo iso levouna a ser asidua integrante das estatísticas da RFEVB e a ser incluída, no septeto ideal da primeira fase de Liga Regular. Por todo iso, a achega da xogadora ao equipo é realmente importante, ademais do seu carácter competitivo.

    ¿Sénteste coa responsabilidade de ser a referente do FisiomásZalaeta?
Non, todo o equipo é importante,eu non podería facer puntos sen o traballo do resto das miñas compañeiras. A responsabilidade é compartida, cada vez que realizamos unha acción todas as xogadoras involucrámosnos ao máximo.

   Que destacarías deste equipo?
Destacaría a forma de traballar  e sobre todo as ganas de aprender e de facer as cousas o mellor posible.

   Neste momento o voleibol neste club non é unha actividade profesional, polo que a dedicación é compartida con outras actividades,

    ¿Esta situación pode lastrar o teu rendemento ou o do equipo?
Agora mesmo  o voleibol  non pasa por un bo momento e ademais de xogar temos outras ocupacións que atender. Actualmente a parte de xogar estou estudando e formándome o máximo posible para nun futuro poder seguir estando ligada ao mundo do deporte.
Todas as xogadoras estariamos mellor si puidésemonos dedicarnos a isto ao 100 por 100 pero agora non é posible. De todos os xeitos,  sempre intento sacar o máximo tempo posible para poder seguir facendo o que realmente me énche.

   Patricia Suarez é neste momento a xogadora que quizais mellor defina a este equipo, a súa  conciencia de pertenza a un colectivo,  é o mais importante para o logro dos obxectivos deportivos e humanos desta  aventura que é a SF2, e diso fai gala en cada encontro que disputa onde queda patente a súa entrega, absolutamente  envorcada no xogo sen escatimar ningún esforzo sempre animando en busca da vitoria.
   E todo comezou como unha actividade extraescolar en Sada….