/PARTIDO DE PRETEMPADA NO BARRIO DAS FLORES

PARTIDO DE PRETEMPADA NO BARRIO DAS FLORES

  Esta mañá celebrouse o partido de preparación previsto ante o Grupo Covadonga, que supuxo unha a primeira xornada de voleibol da presente tempada no Barrio.

  Ambos os conxuntos enfrontáronse sen complexos e realizaron un partido entretido e cun bo nivel de xogo no que o resultado sería anecdótico, o importante a rodaxe das xogadoras e as diferentes variacións que os adestradores puidesen realizar para avaliar a preparación nos adestramentos para unha tempada oficial que está a piques de comezar.

  Non é o mesmo esta serie de partidos amigables que a competición pura e dura, pero vaise apreciando que o equipo vai tomando forma, tanto fisicamente como na conxunción das xogadoras na cancha a tan só unha semana do comezo da liga, 15 días para oCV Zalaeta xa que ten aprazada a súa primeira xornada ante o CAEP para o 7 de outubro, polo que se estrea ante o Extremadura Arroyo, descendido da Liga Iberdrola, o 29 de setembro en Arroyo de la Luz.

  O resultado desta mañá, vitoria local por 3-0 con parciais 25-22; 25-19 e 25-19.