VER FOTOS> |
Hoxe tivo lugar no Polideportivo da Sagrada Familia o Torneo Cidade da Coruña de Voleibol Feminino que enfrontou en semifinais aos equipos FISOMAS CV ZALAETA -EMEVE L. NUPEL no que saltou a primeira sorpresa ao vencer as coruñesas por 3-2 ao equipo de Superliga 2 Feminino adestrado por Jose, que presentou un equipo no que formaron varias xogadoras xuvenís e que ainda parece lonxe de acadar a forma para afrontar a competición regular. Na segunda semifinal de novo un equipo de Liga FEV TURISMO VIGO mostrouse claramente superior a AD A PINGUELA (3-0) tamén de Superliga 2, que ao igual que o EMEVE presentou na cancha xogadoras procedentes do equipo xuvenil e que polo visto ainda é moito o traballo que lle queda por facer ao seu novo adestrador Martín para poñerse a punto de cara ao comenzo da liga.
De este modo FISIOMAS CV ZALAETA e TURISMO VIGO disputaron a final nun emocionante partido que gañaron a viguesas con un apretado marcador de 2-3 despois de mostrarse na cancha coma un cadro mais conxuntado e con menos fisuras que as suas rivais.
Formaron na final con estas plantillas:
CV Zalaeta: Sheila, Irene, Noa, Rocío, M. Galego, Cristal, Verónica, Marta F., Marta E., Macarena, Alba, Olalla e Laura.
TURISMO VIGO: Natalia,Asia, Mireya, Rosana, Sabela, Rebeca, Anía, Lora e Xela.
A pesar da derrota, axustada, o equipo de J. Barredo e F. Cueto, mostrou unha ampla plantilla integrada con xogadoras que continúan da pasada tempada con incorporación de xogadoras procedentes das Calasancias, xogadoras da canteira que pasan a categoría e coa incorporación de alguna promesa xuvenil como Marta F. ou Macarena. Un grupo interesante que está falto de partidos e que, sen dúbida, veremos ir a mais conforme avance a competición, moi capaz de ilusionar a todos os afeccionados ao Voleibol.

Na imaxe, D. Roberto García, Xefe de Servicio dos Servizos Provincias de Deportes da Coruña, fai entrega do trofeo a Capitana de TURISMO VIGO.
O Club de Voleibol do Instituto Zalaeta, quere públicamente agradecer ao SERVIZO DE DEPORTES DO CONCELLO DA CORUÑA e aos SERVIZOS PROVINCIAS DE DEPORTES DA XUNTA DE GALICIA o seu compromiso co Voleibol.