/TORNEO CIDADE DA CORUÑA DE VOLEIBOL FEMININO.

TORNEO CIDADE DA CORUÑA DE VOLEIBOL FEMININO.

   Onte tivo lugar no Polideportivo da Sagrada Familia da Coruña a primeira fase do Torneo de Voleibol Feminino, o correspondente a categoria de 2ª Autonómica entre os equipos CV Zalaeta e o CV Aldebarán de San Sadurniño.
   Polo equipo local formaron as xogadoras: Macarena, Susana, Sofía, Paula M., Amara, Marta, Rita, Jessy, Patri, Andrea e Paula L., as ordes do adestrador Fernando; e polo visitante, xogaron: Lucía, Belén, Irene, Nuria, Leti, Naza, Saray e Laura, dirixidas por Alberto. O resultado foi de 3-1, logo de un partido intenso xa que os distintos sets resultaron moi igualados. Foi un encontro caracterizado para as locais pola ausencia de varias xogadoras importantes debido, nuns casos as lesións de última hora de Tere e Lucía, e noutro, por motivos laborais. 
   A pesar da igualdade, apreciamos a falta de rodaxe de ambos equipos diante do comenzo da tempada, e que servirá para que os cadros técnicos saquen as súas conclusións.
   Na imaxe, o presidente do CV Zalaeta, Jesús Hidalgo, fai entrega do trofeo as gañadoras.

Ver fotos> 

TAGS: