Nova vitoria do Autos Cancela Zalaeta no Barrio no primeiro partido da segunda volta de SF2 ante o Extremadura Arroyo. Despois da primeira xornada de descanso para o Zaleta, nesta segunda volta da liga, a competición regresaba ao Barrio e facíao ao grande ante un rival de categoría, as estremeñas non regalaron nada pero caían derrotadas polo mesmo resultado que na primeira volta endosaron ao equipo de Barrero no seu desprazamento a Arroyo de la Luz.
O encontro comezaba puntualmente ás 19:00 dirixido polos colexiados Cordeiro Fervenza e Pimentel e cunha duración de 01 h 55 m finalizaba cun resultado de 3-2 con parciais 25-19; 16-25; 25-19; 23-25 e 15-9 (104-97).
AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Claudia Mariño, Emma Ordoñez, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez, Noemí Vázquez, Lidia Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.
EXTREMADURA ARROYO: Beatrix Meléndez, María Carrero, Ana Lucas, Carmen Castaño, Yohana Rodríguez, Inma Lavado, Beatriz Gómez, Julia Cabeza, Isabel Espino, Bruna de Oliveira e Isabela Cardoso. Adestradores Adolfo Gómez e Carmen Fernández.
Recibiamos a un dos equipos finalistas da Copa e primeiro clasificado do Grupo A en un partido que non defraudou á afección, de calidade, con alternativas para ambos os conxuntos, quizais o mellor partido disputado no Barrio esta tempada.
Comeza o primeiro set, as visitantes adiántanse, son escasas diferéncialas pero dominan o marcador ata que un parcial de 5-0 deixa o luminoso en 15-12 e a partir de aquí o equipo do instituto non deixa que o rival se adiante e pon o 1-0 coa mellor porcentaxe de ataque de todo o partido, 18 puntos 46% de efectividade.
No segundo cambian as cousas, o Arroyo non pode permitir que o Zalaeta se escápe e aos poucos van abrindo oco ante as locais mellorando o seu ataque e sobre todo a efectividade ao saque. O xogo das locais decae neste set que ceden a maior diferenza do partido.
Imos ao terceiro que non vén senón a demostrar a igualdade do encontro. Arrinca o Zalaeta cobrando unha folgada diferenza no marcador, no segundo cuarto do set 16-7, cando a reacción do rival fai temer polo resultado do set, pero a recuperación do ataque local logra poñer o 2-1.
O cuarto é o máis igualado do partido, as coruñesas queren pechar un resultado de 3 puntos favorables mentres que as estremeñas non se dan por vencidas e reivindican as súas opcións. Moi igualados ambos os conxuntos nas estatísticas, a diferenza estivo nos erros cometidos, 3 as de Adolfo Gómez por 8 o Zalaeta o que provoca o 2-2 e o desempate no quinto.
Entra con bo pé o equipo local no tie- break cun parcial de 5-2 que dosifica nun set moi bo no que non comenten erros, 9 puntos de ataque, 2 bloqueos, 1 ACE e dous erros do adversario pon o 15-9 que vale 2 puntos para o Autos Cancela Zalaeta e 1 para o Extremadura Arroyo.
“Estou satisfeito co xogo desenvolto, vimos un partido moi bo, coméntanos J. Barrero, probablemente o mellor que disputásemos nesta liga en casa, por parte dos dous equipos. Pola nosa banda destacar o xogo do conxunto e o traballo realizado pola central Eleonora e os puntos de Emma. Agora a pensar no seguinte partido ante o Sestao, queda moita liga por diante e a parte de arriba da táboa está moi apertada, pode pasar calquera cousa”.
Do excelente partido que vimos onte, cabe destacar os 23 puntos de Emma Ordoñez, 20 ataques, 1 bloqueo e 2 ACES, 18 puntos de Eleonora Guzzi e Laura Vázquez e 13 de Lidia Gudge, 4 bloqueos.
Por parte do Extremadura Arroyo 23 puntos de Bruna de Oliveira, 15 de Yohana Rodríguez, 13 de Inmaculada Lavado e 12 de Isabela Cardoso.
Próximo partido, desprazamento para xogar co C.V. Sestao o sábado 26.
PARA VER O VIDEO DO PARTIDO….PINCHA AQUI