O Autos Cancela Zalaeta imponse no derbi galego ao Xuvenil Teis por 3-0 e conserva a 2ª praza da clasificación do Grupo A, e con iso a opción de xogar Cópa Princesa.
O partido comezaba puntualmente ás 19:00 nas instalacións do Barrio dirixido polos colexiados García e Dominguez, e con unha duración de 1 h 07 m de duración, finalizaba cun resultado de 3-0, 25-17; 25-19 e 25-18 (75-54).
AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Claudia Gómez, Emma Ordoñez,Paula Lema, Andrea Rivas, Elonora Guzzi, Laura Vázquez, Noemí Vázquez, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez. Adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto.
XUVENIL TEIS: Natalia Marín, Aida Pérez, Federica Farabegoli, Marta González, Tania Boelle, Melisa Kerman, Sara Figueroa, Catalina Marín e Carla Figueroa. Adestrador Celso Veloso.
O Zalaeta impúxose no primeiro set, o mellor do partido, claramente ao rival, ao que superou en todas as facetas do xogo. Comezou moi igualado o marcador, pero unha serie de 5-0 deixou un resultado de 10-4 que lle deu ás ás locais para poñer o 1-0.
No segundo, reaccionan as de Veloso, dominan a primeira parte de set, pero as do Instituto logran un 15-13 e son capaces de pechar o marcador ao seu favor a pesar da mellora do Teis en bloqueo e en recepción.
No terceiro adiántanse as de Barrero, e as de Teis reaccionan para superar ao rival no marcador no 5-6, pero ceden de novo o dominio do xogo ao Zalaeta que non o dubida e gaña o terceiro con gran eficacia no saque, 7 ACES no set, 14 puntos de ataque e 1 bloqueo, con tan só 3 erros por parte do Teis.
Contención de erros propios por parte de ambos os conxuntos, 16 o Teis, 21 o Zalaeta, nun bo partido das coruñesas que en ataque lograron unha eficacia do 52% con 41 puntos, 45% en recepción, 12 ACES e 6 bloqueos.
A mellor artilleira do Zalaeta (192 puntos), Emma Ordoñez, unha vez máis máxima anotadora do encontro con 18 puntos, (14 ataques, 2 ACEs e 2 bloqueos), seguida de Eleonora Guzzi con 13 puntos (5 ataques, 3 ACES e 3 bloqueos), Lidia Gudge 12 puntos, (12-1-1) e Laura Vázquez 11 (8 ataques e 3 ACES). Polo Xuvenil de Teis máxima anotadora Melisa Kerman con 12 puntos (9-2-1).
Tres novos puntos, unha vitoria máis no marcador, permiten ao Autos Cancela Zalaeta manter a 2ª praza e con ela as súas opcións de xogar a Copa, para o que depende dos seus propios resultados. As vitorias do Leganés ante o UVA e do Torrelavega ante o Aguere, déixaos na 3ª e 4ª praza respectivamente, con opcións para eles de xogar Copa Princesa en función dos resultados do Zalaeta.
O próximo encontro, desprazamento a Valladolid para enfrontarse ao Universidade de Valladolid e con iso finaliza a primeira volta da liga regular.
PARA VER O VIDEO DO PARTIDO PINCHA AQUÍ