/1ª XORNADA DO CAMPIONATO GALEGO XUVENIL FEMININO

1ª XORNADA DO CAMPIONATO GALEGO XUVENIL FEMININO

  Finalizada a primeira xornada do Campionato de Galicia Xuvenil Feminino cun primeiro partido que comezaba puntualmente á as 10:00 e enfrontaba ás anfitrioas co Xuvenil Teis e unha segunda semifinal disputada entre CV Ribeira Sacra e EMEVE.

  Non houbo lugar para sorpresas, o Zalaeta impúxose por 3-0 ao Teis con parciais 25-15; 25-12 e 23-25 nun encontro cos dous primeiros sets fáciles para o locais pero un terceiro que se lles atragantó cun rival que quería remontar e a punto estivo, o conxunto de T. Cobos impúxose nun bo final no que soubo superar a vantaxe que durante todo o set manexara o Xuvenil.

 

  Na outra semifinal enfrontábanse os dous conxuntos lucenses e unha vez máis nesta liga o EMEVE impúxose por 3-0 ás de Monforte, con parciais: 25-17; 25-23 e 25-18 nun partido no que o Ribeira Sacra tentou o empate no segundo set pero non foi posible.

  Así as cousas, a xornada de tarde comezará Ás 17:00 coa disputa do terceiro e cuarto posto entre o CONAVI XUVENIL TEIS e o CV RIBERIA SACRA para dar paso Ás 19:00 á final entre o H.V. ACEA OLGA EMEVE e o club anfitrión CLUB INSTITUTO VOLEIBOL ZALAETA.

  Todos os partidos no Barrio das Flores.