/CAMPIONATO DE ESPAÑA BENJAMÍN

CAMPIONATO DE ESPAÑA BENJAMÍN

Valladolid 20-22 de Xuño 2025-07-02. Fin dunha tempada tan chulita con histórica para as mais peques do CV Zalaeta.

  Despois de proclamarse Campioas galegas en abril, primeiro título da categoría para o Club, iniciabamos unha nova aventura: un Campionato de España. Nesta IV edición repetía como sede a cidade castelán-leonesa de Valladolid, acollendo ata 32 equipos femininos e 22 masculinos.

  Dirixía a expedición a adestradora Andrea Rivas perfectamente asistida por Lucia Rodríguez e con Iván García nos labores de Delegado.

  En representación do Club do Instituto Zalaeta foron seleccionadas nove xogadoras das 32 que militan nos dous grupos de adestramento da categoría Benjamín, folga dicir que chegar onde chegou o equipo é mérito indiscutible de todas as nenas que remaron xuntas na mesma dirección, apoiáronse e axudaron cada día da tempada. Encadradas no Grupo D realizan unha boa fase de grupos con 2 vitorias e unha derrota pola mínima no tie-break, que lle dá paso a un cruzamento complicado que lles deixa sen opción de mirar mais arriba na clasificación, logrando finalmente unha meritoria 16ª posición na súa primeira participación nun campionato deste nivel.

  “Houbo que aprender a xestionar as derrotas e a frustración –cóntanos Andrea Rivase tamén e sobre todo o cansazo de disputar 3 partidos cada día nun Valladolid moi caloroso con altas temperaturas neses días. Pero sen dúbida estas nenas aprenderon mais en tres días que en tres meses E pasar pasámolo moi ben, senón que lle pregunten a quen lles viu celebrar o fin do Campionato, parecía que fósemos nós as que gañásemos (e é que realmente, gañamos, e moito)”.       

  Para o club supón un éxito e unha nova experiencia, a nosa primeira participación nun campionato estatal desta categoría, e para as nenas un premio ao gran traballo desenvolvido no día a día e ás ganas de aprender. Agora queremos mais.

  Mención especial e con nome propio ás protagonistas desta aventura, que xa deixaron o cascarón: Ana S. (Pituski), María (Benedetti), Gabi (Mini Calvo), Marta, Carla, Julia C. (Juls), Emma (Emita), Julia J. (Ju) e Anita Z. (Zunzu). E grazas a mamá Pato que conduciu a aventura e pechou este ciclo, para algunhas de tres anos, a Andrea que quizais foi a que mais aprendeu nesta viaxe. E grazas enormes a Lucía polo seu apoio e soporte (que chorou mais que ninguén) e a Iván, que se deixou a voz toda. 

   Moitas grazas e un gran aplauso ás familias que foron polivalentes e multifacéticas: taxistas, animadoras, enfermeiras, aguadoras e tifossi con pirotecnia incluída (de cor azul, por suposto): sen vós isto non sería posible.