/SF2: CV ZALAETA Vs CV TORREJÓN

SF2: CV ZALAETA Vs CV TORREJÓN

  Regreso do Zalaeta ao Barrio da Flores o pasado sábado día 2 para disputar o partido correspondente á quinta xornada diante do CV Torrejón, encontro que se resolveu cun resultado de 3-0 (25/18 25/20 25/21)favorable ás do Instituto.

   Reencontro do equipo coa súa afección e coa vitoria despois da derrota en Torrelavega, e diante dun rival directo na clasificación.

  O equipo de Jorge Barrero necesitaba demostrarse a si mesmo que o partido anterior fora un espellismo e saíu á cancha decido levar a vitoria. A saída á pista das coruñesas no primeiro set foi en tromba, co 1-1 no marcador o Zalaeta despegouse das madrileñas cun parcial de 11-0 (12-1) cunha gran actuación de Alba Quirós cun refacho de 12 saques, 7 puntos neste set, 4 ACES. Este comezo marcou as diferenzas e aínda que o Torrejón tentouno non logrou superar ao Zalaeta que controlaba o ritmo do partido. O segundo e terceiro set foron parecidos, o Torrejón non logrou en ningún momento dominar o xogo, unicamente achegábase no marcador pero as locais marcaban a diferenza.

  Gran actuación das xogadoras do Zalaeta ao saque co que lograron 15 ACES e un 45% de eficacia no ataque, sendo Inés Losada a máxima anotadora do encontro con 19 puntos, seguida no Zalaeta por Alba Quirós con 17 puntos e María Forteza con 14. Por parte do Torrejón máxima anotadora Carolina Romano con 7 puntos. Con este resultado o Zalaeta ponse en terceira posición da táboa con 12 puntos, empatadas co Fede Ascensores La Laguna, en primeira posición o Leganés con 15 puntos.

Próximo partido o sábado 9 á 17:00 no Luís Buñuel diante do FEEL Alcobendas recentemente descendido da liga Iberdrola que ocupa a 6ª posición con 9 puntos.