/XORNADA DO FIN DE SEMANA 12, 13 E 14.

XORNADA DO FIN DE SEMANA 12, 13 E 14.

 

   O equipo de SF2 Autos Cancela Zalaeta desprázase este sábado a Leganés para xogar o partido correspondente á 4ª xornada de Liga ante o cvleganes. com, conxunto que lle precede na clasificación.

  Cun partido menos e 5 puntos, é agora mesmo o equipo a bater para posicionarse na zona alta da táboa desde o comezo da competición. As do instituto tratarán de lograr a súa primeira vitoria a domicilio, e para iso deberán de romper a tendencia deste comezo de liga de vitorias dos equipos que xogan en casa. Hoxe toca adestramento para preparar o asalto ao Pardo Bazán de Leganés, e mañá sábado desprazamento a partir das 09:00 con AUTOCARES CANCELA, que como é habitual realizará a súa saída desde o Instituto Zalaeta.

BOA VIAXE E SORTE!!

  A competición galega continúa o seu ritmo, e nesta xornada non hai desprazamentos para o Zalaeta, que xogarán os seus partidos no pavillón do Instituto. Desprazarase á nosa cidade o CV Pontevedra Alianza Española de Seguros S.A. en dobre xornada, o venres os equipos de Xuvenís e Senior de Primeira División, e o domingo Infantís de 2ª e Cadetes de 1ª, nunha xornada que será a estrea en competición das xuvenís e na que o resto de equipos tratará de continuar o refacho do anterior fin de semana que se saldou cun pleno de vitorias.

  Por último, lembrar que os Veterans de Zalaeta, por ser veterans non se cansan e ademais son os mais madrugadores de todos, e hoxe vernes aproveitando este día festivo terán unha xornada de adestramento no Pavillón do Instituto a partires das 10:30 (será de portas abertas).