O Club Instituto Zalaeta presenta o sábado 22 de Novembro na pista do Barrio das Flores a Campaña de promoción e sensibilización do deporte feminino galego.

Unha campaña da Secretaría Xeral para o Deporte coa que o CI ZALAETA colabora, co obxectivo da promoción e sensibilización sobre a necesidade e beneficios da práctica deportiva feminina, así como a loita pola igualdade efectiva entre homes e mulleres no ámbito deportivo. Co gallo desta campaña, continuará desenvolvendo a promoción do voleibol feminino para nenas desde 8 anos en diante, para dar a coñecer este deporte e fomentar a súa práctica entre a poboación feminina. Con iso o club busca incrementar o número de nenas e mozas practicantes do deporte voleibol, modalidade deportiva na que dende hai 50 anos veñen desenvolvendo a súa actividade, sendo o seu maior exponente o equipo de Superliga-2 (liga de prata), onde compiten fai máis de dez anos.
Por elo anunciamos que o noso clube adicará o partido contra UCAM TORREJÓN, correspondente á 9ª Xornada da Liga, que se disputará o sábado 22 de novembro ás 17.30h no Complexo Deportivo do Barrio das Flores na Coruña, á Campaña de promoción e sensibilización do deporte feminino galego.

Ante a violencia de xénero só cabe unha resposta, e sen ningún xénero de dúbida: NON.
















