/ENTREVISTA CON NICO SANTOS

ENTREVISTA CON NICO SANTOS

A piques de finalizar a tempada, aínda coa resaca rtp live do desprazamento a Socuéllamos e as alegrías proporcionadas pola clasificación do equipo de SF2, cos equipos de base aínda inmersos nas últimas competicións e a un paso de entrar o verán que nos mete no volei praia e aparca a pista, Nico Santos coméntanos que, “aínda sendo moi agradable a visita a Castela A Mancha, a tempada alóngase, o equipo cadete aínda ten un compromiso importante o día 12 e a competición se lapela coas tarefas administrativas para a seguinte tempada que xa comezan nestes momentos”.  Naquel momento, presidente do Club Instituto Zalaeta Voleibol, vive este ano de excelentes resultados deportivos desde a perspectiva, única, do cargo que ocupa. Con el conversamos para coñecer algunha das claves da tempada.

-Finaliza a tempada deportiva, rematan os desprazamentos, eventos e todo o que conleva,  significa un alivio para o presidente?

  No que incumbe á tensión sobre os resultados deportivos, si. En canto ao administrativo estamos de novo na liña de saída, as federacións non entenden de descansos, xa que no mes de xuño hai que realizar as reservas e pagos correspondentes á seguinte tempada, así como pechar, se é posible, todo o referente á tempada 2018/19.

-Pódese facer un  balance dende cada punto de vista, depende de onde un se atope. Pero unha tempada como esta dende o punto de vista dun directivo que resultados deixa?

  Evidentemente cada un pódeo ver como queira, o optimismo ou pesimismo é propio de cada persoa e por iso o exemplo da botella sempre é bo. Con todo e centrando a cuestión na miña opinión persoal, é de ledicia por ver como un proxecto, que se vén fraguando desde hai varios anos, consolídase. Crecemos en equipos base, espero que siga a liña ascendente, con resultados bos, con participación en diferentes campionatos, como o de cadetes en Valladolid, entre outros. I  esperar o que suceda o vindeiro 12 de maio, co equipo cadete en Quiroga na final autonómica. Os resultados dos equipos senior, e por suposto a excepcional campaña do AUTOS CANCELA ZALAETA SF2, provocan un san orgullo polo logrado, mesmo cun tímido ruborizo cando desde diferentes ámbitos felicítannos polo camiño seguido…

-E dende un punto de vista económico? Como se cadran os números?

  Se contesto estritamente desde a teoría económica, literalmente slot aztec gems é imposible cadrar este círculo. Iso ten a súa explicación, primeiro porque como indicaba anteriormente unha tempada superponse á seguinte cun fluxo constante de gastos a soportar. Deles hainos fixos ou previsibles –pagos federativos, licenzas, arbitraxes, adestradores ….- e outros que acrecerán en maior ou menor medida o orzamento en base aos resultados que se van dando ao longo da competición. Poñamos como exemplo a participación na  “Copa  Princesa”, “Fase de ascenso”, ou fases finais de campionatos galegos ou estatais en calquera das categorías nas que oficialmente se compite.

 -A participación do primeiro equipo na Copa princesa e finalmente na Fase de Ascenso, así como a realización dunha fase regular da Liga espectacular proporcionánlle ao clube visibilidade, non se poden obviar os resultados. Contribuen a facer máis visible o voleibol, e por ende o deporte feminino?

 Evidentemente. A campaña realizada non só serviu como acicate e exemplo para todas as xogadoras do club, que poden ver agora con máis claridade, se cabe, que Zalaeta é un proxecto de longo percorrido, onde se pode crecer –persoal e deportivamente- coa posibilidade de militar nas máximas categorías do voleibol feminino. Iso tamén comportou que os medios de comunicación –dixitais, radio ou prensa escrita- seguisen de forma constante a evolución, notándose de forma moi especial a raíz do campionato en SF2 e a clasificación na fase de ascenso, o que algo inaudito levounos mesmo á portada dun diario coruñes, cuestión impensable normalmente. Así mesmo o seguimento nas redes sociais é bo, sendo un dos alicerces nos que teremos que esforzarnos para facer crecer exponencialmente nosa presenza dixital.

-Ofrecense tamén posibilidades de relación con outros clubes e federacións, de situar ao Club slot deposit 10rb Instituto Zalaeta Voleibol en outro ámbito, así como de mostrarse ante posibles promotores e despertar o interés…..?

  Sí, neste aspecto e de forma moi positiva cada vez existen máis e mellores relacións con diferentes clubs tanto de Galicia como do resto do Estado. Mesmo con clubs europeos de voleibol feminino que nos ofreceron a posibilidade de participar en proxectos deportivos europeos comúns,  cuestión moi interesante polas posibilidades que abre a todas as xogadoras, pero que actualmente hai que deixar, en “stand  by” e seguir paso a paso, sen présa pero sen pausa, a senda para consolidar o proxecto. Isto precisamente pasa por conseguir patrocinadores que poidan dar unha tranquilidade, de forma que calquera bo resultado deportivo non sexa causa de ingreso na UCI do departamento económico. Espera un traballo moi arduo para lograr este obxectivo, non será doádo pero farase.

-Deportivamente, estase a recoller o froito do traballo realizado? Como se planifica un club que ten necesariamente que vivir da canteira?

  Taxativamente sí. En canto á planificación creo que a mellor resposta é cun exemplo que escoitamos moitas veces en calquera evento deportivo ao que acudimos: “entendamos que Zalaeta, está conformado por xogadoras de moi diversas idades que compaxinan os seus estudos, traballos ou familias cos adestramentos diarios e competicións oficiais, polo que se obrigan a cumprir un organigrama estrito. Outras mulleres da súa mesma idade non asumen, polas razóns que foren este compromiso, pero curiosamente á hora de comparar, as primeiras obteñen resultados máis óptimos.” Isto é exactamente o que inspira a planificación do club, hai que aproveitar ao máximo todos os resortes dos que dispoñemos, todo vale, somos unha entidade devota do segundo principio da termodinámica aplicado ao voleibol “ O esforzo utilizado non se crea nin se destrúe, transfórmase”.

-O voleibol feminino, como deporte feminino, ten unha compoñente de xénero?

 Actualmente entramos nunha espiral infinda na que de súpeto se poñen de moda certas aseveracións, “ palabros” e frases feitas, que todos usamos, en moitos casos, sen pararnos a pensar se efectivamente sabemos o seu significado e a repercusión que a súa utilización comporta. Unha delas é “Xénero”, emprégase cal arma arreboladiza esquecendo o seu significado. No caso da práctica do DEPORTE con maiúsculas, sexa cal for a disciplina, entendo que se debe promocionar a súa práctica por TODAS, homes ou mulleres, en réxime de igualdade.