/SF2: C.V. SESTAO 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 0

SF2: C.V. SESTAO 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 0

  Derrota do Zalaeta en Sestao na 16ª xornada de SF2, ante un equipo que aproveitou a súa oportunidade para ascender na clasificación e escapar dos postos de descenso. O partido comezou á o 19:30 na Benedicta dirixido polo colexiado Pedro Pidal, e cunha duración de 01 h 05 m finalizou cun resultado de 3-0 con parciais 25-19; 25-19 e 25-20 (75-58).

CV SESTAO: Ziortza Tejedor, Ane Briz, Maider Lorenzo, Gabriela Velasco, Ohiane Gutierrez, Maitane Salazar, Ane Lyuba, Ohiane Paskual, Nerea Ruiz, Maider Breda y Nerea Ugalde. Entrenadora Paki Blanco.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Claudia Mariño, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Noemi Vázquez, Lidia Gudge, Inés Rivas e Susana Suarez. Adestrador Jorge Barrero.

  Vitoria do Sestao que corta o refacho do equipo do instituto que lle obriga a frear no seu afán de ocupar os primeiros postos da clasificación. A vitoria do Arroyo ante Torrelavega sitúa ás estremeñas á fronte da clasificación e o resto de resultados aperta os postos de practicamente a metade superior da táboa.

  As coruñesas víronse sorprendidas polas locais que a toda costa querían os puntos para mellorar a súa clasificación, e a súa reacción foi escasa, a pesar de cometer escasos erros, o seu rendemento estivo afastado do doutros partidos.

  Comezou o primeiro set igualado, pero o Zalaeta non pasou do 6-6, a partir de aí, o Sestao dominou o marcador e puxo o 1-0 ao seu favor. No segundo o Zalaeta parecía mellorar as súas prestacións, pero un parcial de 6-0 deixa o marcador en 20-13 que decide o set de clara cor local.

  No terceiro set as de Paki Branco teñen os 3 puntos ao alcance da man e non deixan escapar a oportunidade, as visitantes resístense e logran un empate a 17, pero de novo a eficacia no ataque das sestaotarras tumba ás coruñesas e pechan o 3-0 co que logran a tranquilidade e escalar 2 postos na clasificación.

 “Non foi noso mellor partido, comenta Barrero, non estivemos ao noso nivel en practicamente ningunha faceta do xogo e o Sestao non deixou pasar a súa oportunidade. Se dalgunha maneira poderiamos perder un partido, mellor facelo nesta ocasión que cun rival directo. Regresamos a casa pensando xa no seguinte compromiso ante o Leganés”.

  Mellor actuación en ataque para o CV Sestao que supero ao Zalaeta, 43 puntos ante 30, e tamén maior eficacia no saque, 11 ACES por 2 as visitantes.
Ohiane Paskual con 17 puntos, máxima anotadora do encontro, 12 Maider Breda, 11 Ohiane Gutierrez e 10 Ane Briz. Polo Autos Cancela Zalaeta, máxima anotadora Lidia Gudge con 14 puntos.

  Próximo partido, en casa, no Barrio recibiremos ao cvleganes. com.