/PARTIDOS DO FIN DE SEMANA, 10 e 11

PARTIDOS DO FIN DE SEMANA, 10 e 11

  Regresa a competición de SF2 ao Barrio cun interesante partido ante o VP Madrid que nestes momentos ocupa a 3ª posición na táboa con 15 puntos no seu haber.

  As madrileñas veñen de perder na casa co Leganés, que lles gañou o partido cun 2-3 polo que tratarán de gañar ao Autos Cancela Zalaeta para non perder o ritmo da parte alta da táboa, tendo en conta que a próxima semana desprázanse a Torrelavega, equipo situado nos postos de cabeza.

  “Será un partido complicado, comenta Barrero, nunha liga con moita igualdade entre os equipos, teremos que tratar de contrarestar o seu ataque, no que contan coas receptoras Nazaret Florian e Carmen Muñoz ante as que teremos que xogar ben na rede”.

  As coruñesas tentarán conservar a súa imbatibilidade no seu feudo do Barrio, confirmando o bo xogo desenvolto en Xixón ante o Grupo e aproveitando o bo momento polo que pasan as súas xogadoras.

  Nos Tops da 7ª Xornada de novo figuran as xogadoras Lida Gudge no Sete Ideal e como Mellor Bloqueadora, e Emma Ordoñez como 2ª Mellor Atacante e 3ª Máxima Anotadora.    Parabéns!!

  En canto ás Ligas Galegas, o equipo senior medirase ao Korbis Desguaces Manolo no Barrio o sábado. Catro vitorias de 5 partidos, avalan ás de Monforte para ocupar a 2ª praza da clasificación, na que as do instituto están na quinta posición.

  O equipo Xuvenil CV Zalaeta B comeza a competición no seu grupo zonal da 3ª división cun desprazamento a Carballo para enfrontarse ao Almacenes Agro Xiria, desprazamento que realizarán con Autocares Cancela que sairá desde o Instituto de Zalaeta o domingo ás 10:15.   BOA VIAXE!!

  O resto de equipos, xuvenís, cadetes e infantís, teñen aprazados os seus respectivos encontros ante o Ribeira Sacra.