/I TROFEO FUNDACIÓN EMALCSA

I TROFEO FUNDACIÓN EMALCSA

 

  Este fin de semana xogarase o I Trofeo Fundación EMALCSA de Voleibol Base, que se celebra, en colaboración co Club Instituto Zalaeta Voleibol no Pavillón do Instituto Zalaeta, escenario habitual no que xogan os seus partidos os equipos da canteira do club.

  Nesta primeira edición do torneo preténdese reunir aos equipos de base próximos ao club nunha xornada lúdico-deportiva o domingo día 17 a partir das 10:00 e na que participarán os equipos dos colexios Grande Obra de Atocha, Colexio Eirís, Monte Espiño e Instituto Zalaeta.

  Xogarán todos contra todos a partir das 10 da mañá para finalizar ás 14:00 coa entrega de trofeos.