/PARTIDOS DO FIN DE SEMANA

PARTIDOS DO FIN DE SEMANA

  Co equipo cadete inmerso na fase de ascenso, o partido importante do fin de semana é o que enfronta ao CV Zalaeta co CV Bruxas no Pavillón do Instituto a partir das 18:00 do venres día 20.

  O conxunto dirixido por Cristina G. Bermejo está a piques de conseguir o ascenso de categoría, só réstalle un paso, vencer ao Bruxas no partido do venres daríalle unha praza en 1ª División Autonómica para a próxima tempada. A vitoria no partido de ida por 1-3 na cancha de Ames sitúa ás do Instituto como favoritas neste decisivo encontro para o que animamos a toda a afección a apoiar ao equipo na cancha do Instituto facendo valer o factor cancha e tamén o factor afección.

  Por outra banda, os equipos infantil e alevín que compiten dentro da Actividade Lúdico Deportiva Xogade nas instalacións de Monte dás Moas, desprazaranse a mañá do sábado 21 para xogar os seus respectivos partidos ante Xiria Volei, Liceo e Oleiros. Diversión e deporte danse a man nestas actividades nas que participan numerosos equipos dos diversos centros escolares.