/SF2: RGC COVADONGA 1 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

SF2: RGC COVADONGA 1 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

  Xogábase o partido correspondente á xornada nº 21 de SF2 este sábado no Braulio García de Xixón co enfrontamento entre RGC Covadonga e Autos Cancela Zalaeta, dous equipos que se coñecen moi ben, non en balde son dos veteranos da categoría.

  Triunfo cómodo das pupilas de Barrero que se impuxeron por 1-3 (con parciais 23-25; 21-25; 25-14 e 17-25) con dous bos primeiros sets nos que lograron distanciarse no marcador para chegar ao terceiro set no que o seu xogo decaeu e déronlle ao Grupo a posibilidade de remontar despois dun set no que obtivo a maior diferenza do partido.         Pero no cuarto, as coruñesas volveron á cancha recuperando o nivel anterior, e dominando o xogo levaron o 1-3 ao marcador e regresan con 3 puntos que as afianzan na 6ª posición da táboa.

  Finaliza a Liga Regular o vindeiro sábado día 10, todos os partidos xogaranse ás 18:00 e o Autos Cancela Zalaeta despídese no seu feudo do Barrio co segundo derbi da tempada, nesta ocasión ante o Xuvenil Teis ante o que a escuadra do instituto buscará unha nova vitoria que ofrecer á fiel afección coruñesa que sen dúbida se dará cita no polideportivo do Barrio das Flores.