/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 2 CV TORREJÓN 3

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 2 CV TORREJÓN 3

 

Onte sábado xogábase no Barrio das Flores o partido correspondente á xornada 17 de SF2 entre o Autos Cancela Zalaeta e CV Torrejón. Dirixido polos colexiados Aroa García e Vázquez, e cunha duración de 01 h 57 m finalizou cun resultado de 2-3 favorable ás visitantes, con parciais: 20-25; 25-14; 25-23; 24-26 e 9-15 (103-103).

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Noemí Vázquez, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Paula Lema, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas e Noa Sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

C. V. TORREJÓN: Cristina Llorente, Raquel Virumbrales, Eugenia Sagreras, Laura Benito, Denia Bravo, Alba Hernández, Mª. Paz González, Yasmina Omeragic, Claudia Santiesteban e Flavia D´ Amato. Adestradores José R. Canles e Martín.

  Comeza o primeiro set con igualdade no marcador, distánciase un equipo e remonta o rival. O Torrejón cun xogo no que comete poucos erros vai cobrando distancia e un 15-21 no terceiro parcial convértese en imposible de remontar para o Zalaeta que con máis erros que o rival, 6 en saque, cede o 0-1.

No segundo cámbianse os papeis, o Zalaeta mellora o saque, comete menos erros que as madrileñas e supéraas en ataque. As do instituto dominan o marcador e empatan o partido superando claramente ao rival.

  Chegamos ao terceiro, as locais deben de aproveitar o refacho e impoñerse a un rival que poden superar, están moi ben en ataque, o mellor set do partido con 19 puntos e un 46% de acerto e grazas a iso conseguen gañar o set por encima dos seus propios erros.

  O cuarto debería de ser o definitivo e con todo é o que condena ao Zalaeta. Conseguen unha diferenza de 7 puntos: 13-6 que debería de ser suficiente para dosificar e gañar o set, pero o Torrejón non dá por perdida a oportunidade que queda de seguir vivo no partido e logra un parcial de 0-6 que lle supón o empate a 20, e a partir de aí unha loita por cada punto no que as madrileñas levan a vantaxe de vir remontando e confiar en que poden gañar, logran empatar o partido e ímonos ao quinto. No tie break un comezo favorable ás visitantes marca o devir do set, chegamos ao cambio de campo cun 5-8 que supoñen vantaxe suficiente para as de Canles que non ceden e logran gañar o quinto cun 9-15.

Eugenia Sagera do CV Torrejón máxima anotadora do encontro con 20 puntos, seguida de Denia Bravo con 15 e Paz González con 13. Polo Autos Cancela Zalaeta, Alba Quirós con 18 puntos, (4 ACES), seguida de Laura Vázquez 15 e Emma Ordoñez e Andrea Rivas con 12 cada unha. Repartición de puntos no Barrio, 2 para as vencedoras, que continúan na mesma posición da táboa, e 1 para o Zalaeta, que lle fai perder unha posición na táboa en beneficio do Torrelavega co que empatan a 31 puntos.

  A próxima xornada de novo partido no Barrio nesta ocasión ante o Universidad de Valladolid, o sábado 10 ás 19:00.

RESULTADOS LIGAS AUTONOMICAS

  1ª DIVISIÓN SENIOR

JEALSA BOIRO VOLEIBOL  0   AUTOS CANCELA ZALAETA     (12-25; 10-25 e 15-25)

1ª DIVISIÓN XUVENIL

JEALSA BOIRO VOLEIBOL  1   AUTOS CANCELA ZALAETA    (22-25; 25-21; 21-25 e 18-25)

2ª DIVISIÓN CADETE

JEALSA BOIRO VOLEIBOL  3   AUTOS CANCELA ZALAETA   2   (19-25; 21-25; 26-24; 25-23 e 14-16)

1ª DIVISIÓN INFANTIL

JEALSA BOIRO VOLEIBOL    AUTOS CANCELA ZALAETA   0   (25-12; 25-12 e 25-13)