/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 EXTREMADURA ARROYO 0

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 EXTREMADURA ARROYO 0

Encontro correspondente á xornada nº 15 de SF2 o celebrado hoxe no Barrio das Flores ante o Extremadura Arroyo. Dirixido polo colexiado Carlos A. Cordeiro tivo unha duración de 01 h 10 m e finalizou cun resultado de 3-0 favorable ás locais, con parciais 26-24; 25-19 e 25-19.

 

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Noemi Vázquez, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Marta Fraga, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas e Noa Sánchez. Adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto.

 

EXTREMADURA ARROYO: Beatrix Meléndez, María Carrero, Gabriela Silva, Ana Lucas, Laura Pallero, Yohana Rodríguez, Julia Cabeza, Isabel Espino, M. Guadalupe Pañero, Isabela C. Cardoso e Alba de Lucas. Adestrador Adolfo Gómez e C. Fernández.

  Excelente triunfo do Zalaeta na xornada de hoxe no partido disputado ante o Arroyo no Barrio que lle serven para sumar 3 puntos e afianzarse na parte alta da táboa superando ás estremeñas logrando así a cuarta posición provisional.

  Cun primeiro set moi igualado, no que as locais cometeron máis erros, o conxunto de Barrero foi lixeiramente superior ao rival en ataque e máis eficiente ao saque, o suficiente para vencer cun axustado 26-24.

  Este resultado asentou ao Zalaeta na cancha e non se deixou superar en ningún momento polo Extremadura Arroyo, corrixiu os erros e cun ataque superior ao rival logrou desfacerse en tres sets dun equipo que podería ser complicado, pero que xoga mellor na súa cancha que a domicilio, e que no Barrio viuse superado polas do Instituto.

  Alba Quirós (4 ACES) e Emma Ordoñez foron as máximas realizadoras do encontro con 14 puntos cada unha, seguidas de Lidia Gudge con 10 puntos. Polo Arroyo Isabela C. Cardoso con 11 puntos e Yohana Rodríguez 10 foron as súas máximas anotadoras.