/FIN DA PRIMEIRA VOLTA DE SF2

FIN DA PRIMEIRA VOLTA DE SF2

  Fin da primeira volta da liga regular de SF2 cun complicado partido no que o FisiomásZalaeta recibirá no Barrio da Flores ao segundo clasificado do Grupo A, o CV Madrid Chamberí.
 
  O sábado xogarase o partido correspondente á undécima xornada ante as madrileñas, que será a primeira visita que estas realizan á cancha coruñesa en partido oficial, onde tratarán de conseguir os puntos en xogo para manter a posición na táboa.
  Nunha xornada na que os tres equipos de cabeza da clasificación están separados por un só punto, non se poden permitir erros que lle dean vantaxe aos seus competidores, o UVA visita Torrelavega e o Grupo xoga en Lugo, e son os equipos que a priori parten como favoritos nos seus respectivos encontros.
  Con esta perspectiva, ao equipo de Barrero soamente lle quéda a sorpresa, ser capaz  de superarse a si mesmo e traducir en efectividade os seus bos momentos de xogo para superar a un rival que virá confiado no seu rendemento desta primeira volta. En bloqueo a media da coruñesas é lixeiramente superior ás visitantes, mentres que estas superan ao Zalaeta claramente en ataque, con maior efectividade e sobre todo con maior puntuación nesta faceta do xogo, tamén demostran maior eficacia en recepción, mentres que en saque son superadas polas locais que á súa vez tamén cometen maior número de erros.
  As do Instituto terán que recortar as posibilidades do rival cometendo os menos erros posibles, con moita concentración e confianza no seu xogo e o apoio da afección, poderán ter oportunidades de puntuar neste complicado encontro, que tamén terá como aliciente o ir perfilando a clasificación para a Copa. 

  En competicións autonómicas, toca desprazamento a Pontevedra, onde o CVP Alianza Española de Seguros SA medirase ao Autos Cancela Zalaeta en tres categorías en Centro Galego de Tecnificación Deportiva, por esta orde:
  Ás 10:00 do sábado día 3  xogarán os partidos de 1ª División Xuvenil e Infantil, e ás 16:45 o partido de 1ª División Senior.