/ESTATÍSTICAS DA 14ª XORNADA.

ESTATÍSTICAS DA 14ª XORNADA.

 

  Martes de estatísticas, é cando a RFEVB publica quenes foro as mellores da xornada de SF2, e nesta ocasión a MVP é a xogadora do próximo rival do FisiomásZalaeta, Cecilia González. A xogadora do RGC Covadonga realizou un gran encontro no partido ante o Torrelavega no que anotou 22 puntos, 18 de ataque cunha porcentaxe do 60%, 3 bloqueos e un Ace, e a súa actuación foi crucial na vitoria do seu equipo.
  O bo partido realizado en Lugo polo FisiomásZalaeta, a pesar de perder no quinto set, deixa tamén o seu reflexo nas estatísticas despois do gran partido protagonizado pola xoven central Andrea Rivas, que con 8 bloqueos ponse ao mando da clasificación de Mellores Bloqueadoras e métese no Sete Ideal da Xornada por cuarta vez na tempada.
  Dúas claras referencias de ambos os equipos que o vindeiro sábado se enfrontarán no Barrio, que en diferentes posicións na clasificación e con diferentes obxectivos disputaranse os puntos nun partido no que, seguro, o voleibol sairá gañando.

TAGS: