/ESTATÍSTICAS DA 9ª XORNADA

ESTATÍSTICAS DA 9ª XORNADA

 

Sheila Arias                              Andrea Rivas

 

  Publicadas as estatísticas correspondentes á 9ª xornada na que xogadora elixida como MVP, foi nesta ocasión a receptora Gloria Santos da AD LA Curtidora de Avilés, despois de realizar 27 puntos na vitoria ante o Cuesta Piedra Sta. Cruz, que a sitúan como a Máxima Anotadora, dos cales 22 de ataque que lle dan a 2ª posición como Mellor Atacante.
  O bo partido realizado polas pupilas de Barrero ante o Xuvenil no que obtiveron a vitoria por 3-0, ten o seu reflexo nos Tops da Xornada. Cunha gran actuación, Sheila Arias que con 12 foi a máxima anotadora do seu equipo, cun excelente rendemento ao saque no que obtivo 5 Aces, sitúase á fronte da clasificación de Mellores Sacadoras
  Tamén o bo traballo realizado pola central Andrea Rivas, 8 puntos catro bloqueos, vese recompensado coa segunda posición da clasificación de Mellores Bloqueadoras e a aparición no Sete Ideal da Xornada por segunda vez na tempada.

TAGS: