/ESTATÍSTICAS DA CUARTA XORNADA

ESTATÍSTICAS DA CUARTA XORNADA

 
 Xa é martes, día de publicación das Estatísticas da cuarta xornada, nas que unha vez máis os técnicos da RFEVB elixen ás mellores xogadoras do fin de semana baseándose fundamentalmente nas estatísticas que se elaboran a pé de pista en cada partido.
  Números, fríos números son a base da elección, e esta semana dinnos que un dos partidos máis disputados foi que enfrontou ao Cuesta Piedra co CV Zalaeta, do que saíu elixida MVP a xogadora colombiana Wanda Banguero cuns excelentes números, 22 puntos, 43% de eficacia en ataque e 65 % en recepción. Tamén destacada é a actuación de Marisa Fernández, Mellor Atacante, con 23 puntos, 20 de ataque cun 74% de eficacia.
  Ambas as no Sete Ideal, ás que tamén acompaña a coruñesa Alba Quirós, que unha vez máis, e van dúas de tres, inclúese no Sete da Xornada despois de realizar un gran partido no Municipal de Tenerife con 17 puntos e unha eficacia do 31%. Supón un premio ao bo xogo realizado polo equipo e ás prestacións da oposta que poñen en evidencia o seu bo comezo de tempada.
 
Parabéns!!
TAGS: