/COMENZA A COMPETICIÓN

COMENZA A COMPETICIÓN

1ª DIVISIÓ AUTONOMICA XUVENIL FEMININO
  
 Cun novo formato de ligas, diferente ao da campaña pasada, comeza este fin de semana a competición. A reestruturación que afecta a todas as categorías galegas, deixa aos equipos do CV Zalaeta competindo da seguinte forma: o equipo senior de competición autonómica, ao desaparecer a 2ª Div A en que competía a tempada pasada, pasa a integrar a 1ª División Autonómica Senior Feminina, mentres que o equipo xuvenil compite na 1ª División Autonómica Xuvenil Feminino. O equipo cadete que na tempada pasada logrou un meritorio ascenso, defenderán este ano unha praza na 2ª División Autonómica, e as infantís na 1ª Autonómica da categoría.
  Todas as categorías disputarán tres fases, a primeira de liga regular da que os 6 primeiros xogarán en dous grupos polo ascenso, e os 4 últimos xogarán pola permanencia, e finalmente na terceira fase, disputarán o Campionato Galego correspondente.

  Na primeira xornada de liga, toca desprazamento para enfrontarnos ao Xuvenil Teis. Tres equipos desprázanse nesta ocasión ao Municipal de Teis, 1ª Senior, 1ª Xuvenil e 2ª Cadete.   

   O desprazamento realizarase, como é habitual, no autobús de    AUTOS CANCELA, que fará a súa saída ás 07:00 do sábado desde o Instituto de Zalaeta para disputar o primeiro encontro, o de 1ª senior, ás 10:00 e a continuación a partir das 12:00 xogarán cadetes e xuvenís.
  Pola súa banda, o equipo infantil do CV Zalaeta comeza a competición a domicilio, enfrontándose ás tamén coruñesas do Calasancias, o sábado día 10 ás 13:00 nas instalacións do colexio Calasancias.