/ESTATÍSTICAS DA XORNADA 17

ESTATÍSTICAS DA XORNADA 17

LYDIA ALONSO
    De novo as estatísticas da RFEVB nas que se ven reflectidas as xogadoras pola súa actuación na xornada correspondente nas distintas especialidades.
  Unha vez máis, Celia Bedmar, do Universidade de Granada, é designada MVP da xornada, despois da súa destacada actuación ante o Volley is Life. E xa é a terceira vez na presente tempada.
  O bo partido realizado polo FisiomásZalaeta ante o Xuvenil, que lle serviu para finalizar imbatido na casa, vese referendado pola excelenta actuación da central Lydia Alonso, que con 10 puntos, 6 de bloqueo, se mete no “Sete Ideal da Xornada” e en segunda posición na clasificación de “Mellor Bloqueadora”.
  Estes números tamén permiten que a central xuvenil do Zalaeta se asegure a primeira posición na clasificación global de bloqueadoras, por diante da parella de centrais do Torrelavega, con 53 “killing blocks” cunha media de 0,93 por set, ratificando así unha excelente campaña que está a punto de finalizar.

Parabéns !!

 

TAGS: