/CONTINÚA A COPA GALICIA

CONTINÚA A COPA GALICIA

  Continúa o seu camiño a Copa Galicia, que este fin de semana xogará a súa segunda xornada no Municipal de Teis, onde unha vez máis se verán as caras os equipos galegos de SF2.
  En
xornada de tarde terá lugar un novo enfrontamento a tres, dous partidos
cada equipo a tres sets, o sábado 27, cos seguintes horarios:

                          16:00   Xuvenil TeisEMEVE
                          17:30   EMEVE FisiomásZalaeta
                          19:00   FisiomásZalaeta Xuvenil Teis

  De novo o equipo a bater será o lucense que na primeira xornada gañou os dous encontros disputados, o Zalaeta tratará de apurar as súas posibilidades, xa que as diferenzas co EMEVE foron escasas, pero sen perder concentración, e tendo en conta que nesta ocasión o factor cancha xoga a favor das locais do Xuvenil.
 O desprazamento, como vén sendo habitual, realizarase no autobús de
Autos Cancela, que realizará a saída ás 14:30 do sábado dende o Instituto Zalaeta.

                        BOA VIAXE E SORTE!!!

TAGS: