/ESTATÍSTICAS DA ÚLTIMA XORNADA

ESTATÍSTICAS DA ÚLTIMA XORNADA

Patricia Suarez
  A excelente tempada do EMEVE é, basicamente, produto do bo facer das súas xogadoras, e iso ten un reflexo nas estatísticas que semanalmente nos ofrece a RFEVB. Unha vez máis a directora de xogo do equipo de José Valle, Carmen Morales, é destacada como MVP da última xornada, e Mª José Garrido se inclúe no Sete Ideal despois do grande encontro protagonizado polo seu equipo no Braulio García de Gijón, cancha complicada para o visitante, onde gañaron un difícil partido que valeu unha liga.
  A xogadora do Xuvenil Teis, Lucía Pérez sitúase como Mellor Bloqueadora, 7 puntos de bloqueo, e Eva Lois como segunda Mellor Sacadora con 5 Aces, actuacións que lle serven ao seu equipo para lograr unha vitoria que vale pola permanencia.
  Pola súa banda, a xogadora do FisiomásZalaeta, Patricia Suarez,
finaliza unha excelente tempada cun segundo posto na clasificación de
Mellores Atacantes, con 20 puntos de ataque empatada con Alba Castejón do Sant Boi en primeira posición.
 
TAGS: