/ESTATÍSTICAS DA XORNADA Nº 21

ESTATÍSTICAS DA XORNADA Nº 21

 Nuria Montero, central do Sant Boi, é nesta ocasión MVP
da xornada grazas ao gran partido realizado o pasado sábado ante o
Tenerife. 27 puntos lévana a liderar a clasificación de Máxima
Anotadora, 2ª Mellor Atacante e 2ª Mellor Bloqueadora, e sitúana como a
mellor do fin de semana.
 De novo as xogadoras do FisiomásZalaeta volven ocupar lugares destacados nestas clasificacións semanais que elaboran os técnicos da RFEVB, así, Sara Díaz encabeza a clasificación das Mejores Sacadoras, seguida da xogadora do Xuvenil Teis, Lorena Cruz en segunda posición. Lydia Alonso non abandona o cadro e ocupa a terceira posición das Mellores Bloqueadoras, mentres Cristina G. Bermejo unha vez máis é considerada a mellor colocadora, e encontra acomodo no Sete Ideal do Xornada.
  Estas distincións son unha mostra das ganas que lle poñen as xogadoras de Jorge Barrero, e do bo momento ao que chegan ao final de tempada, logrando actuacións
destacadas que as levan a ser mencionadas entre as mellores da xornada.

TAGS: