/ESTATÍSTICAS DA XORNADA 20

ESTATÍSTICAS DA XORNADA 20

  Publícanse as estatísticas da Xornada n.º 20 de SF2, en martes como é habitual, e que nos teñen
pendentes do mellor do fin de semana na categoría.
  Como vén sendo
habitual as xogadoras dos equipos galegos ocupan un lugar destacado
semana tras semana, e nesta ocasión o premio á xogadora máis valiosa
recae na colocadora da escuadra lucense do EMEVE, Carmen Morales,  ” e por extensión en todo o equipo galego”.
  Excelente campaña a do conxunto do EMEVE ÉLIDE que suma cinco mencións como MVP das súas xogadoras: 2 de Carmen Morales, 2 de Sara Folgueira e 1 de Carmen Carvajal, que levan ao Club da cidade das Murallas, baixo a dirección técnica de José Valle, á SFV, primeira categoría do Voleibol Feminino. E unha vez máis, Mª Fe Pena colócase entre as Mellores Líberos.
  Lorena Cruz é, nesta ocasión, a representante do Xuvenil de Teis, que se sitúa á fronte da categoría de Mellores Sacadoras despois da vitoria do seu equipo ante o AD La Curtidora, con nada menos que 9 ACES.
  A xogadora coruñesa do CVI Zalaeta, Lydia Alonso
é a representante do seu equipo na presente xornada ao situarse ao
mando da clasificación de Mellores Bloqueadoras e formar parte do Sete
Ideal da Xornada.

  A central do FisiomásZalaeta, despois dunha primeira volta practicamente en branco debido a unha lesión, incorpórase no mes de xaneiro ao equipo que dirixe Jorge Barrero,
e con tesón e método logra alcanzar o ritmo da competición xogando a un
gran nivel que a inclúe entre as mellores en diferentes ocasións. Nas
xornadas 13, 14, 17 e agora tamén na 20 aparece destacada nas
estatísticas.

  Froito do esforzo e bo facer, é tamén a inclusión na convocatoria que o seleccionador José Miguel Serrato
realiza da Selección Júnior Feminina para os compromisos do combinado
nacional, entre os que destaca o Torneo de Clasificación para o
Campionato de Europa
que se celebrará en Pescara, Italia, no mes de abril.
  Lydia Alonso do FisiomásZalaeta e Sara Folgueira do EMEVE ÉLIDE de Lugo, serán as representantes do Voleibol galego na Selección nacional, xunto co adestrador Jorge Barrero que formará parte do cadro técnico.

 
TAGS: