/XORNADA 20 LIGA GALEGA

XORNADA 20 LIGA GALEGA

  Partidos de Liga Galega previstos para hoxe domingo 16, dous encontros, Xuvenís e Segunda División A.


  O CV Pontevedra
desprázase para xogar os encontros de liga previstos para hoxe domingo,
que se xogarán no Polideportivo Sagrada Familia. En categoría xuvenil, o partido
comezará ás 17:00, o FisiomásZalaeta deberá de impoñerse na casa ás de Pontevedra, que ocupan a décima praza, para defender a segunda posición despois da derrota sufrida no seu desprazamento a Lugo a semana pasada ante o EMEVE.
  En 2ª División A interesante partido entre o Autos Cancela Zalaeta e o CV Pontevedra Comercial Durán. As visitantes, con 12 vitorias e en sexta posición, non serán un rival doado para as pupilas de D. Hermida que necesitán os puntos en xogo para manterse na loita pola terceira praza da clasificación co Caldaria VoleyOurense co que marchan empatadas.

XORNADA 20 LIGA GALEGA:

XUVENIL  
17:00  FISIOMÁSZALAETA – CV PONTEVEDRA     P.SAGRADA FAMILIA
2ª DIV. A
18:30  AUTOS CANCELA ZALAETA –  CV PONTEVEDRA COMERCIAL DURÁN   P. SAGRADA FAMILIA