/ESTATÍSTICAS XORNADA 19 DE SF2

ESTATÍSTICAS XORNADA 19 DE SF2

      Sara Díaz                                                                                    Cristina G. Bermejo
  Unha vez máis, martes, e saen publicadas a estatísticas de SF2 da RFEVB, e nesta ocasión a receptora do FisiomásZalaeta, Sara Díaz é destacada como MVP da xornada. O completo partido realizado o pasado sábado ante o cvleganes.com, serviulle á xogadora de Monforte
para erguerse ao máis alto da clasificación da xornada 19. Con 27
puntos na súa cuadrícula encabeza a clasificación de Máxima Anotadora
deles 21 logrados en ataque, que a sitúan como Mellor Atacante, e os
cinco puntos directos de saque a levan á segunda posición do apartado de
Mellor Sacadora e un punto de bloqueo, todo iso inclúena tamén no Sete Ideal.
  Nesta ocasión acompaña a Sara no Mellor da Xornada a capitá e colocadora Cristina G. Bermejo que con 10 puntos, deles cinco logrados de bloqueo, encabeza a
clasificación de Mellor Bloqueadora e colocase tamén no Sete Ideal da
Xornada
.
  Excelente o partido realizado por estas xogadoras que
impulsaron o equipo na súa vitoria nesta fin de semana, que lle serve para
manter a cuarta praza da clasificación unha xornada máis.
  Mencionar que Sara ocupa a 8ª praza como Anotadora e a 9ª Atacante no cómputo das 19 xornadas, e Cristina é a segunda Mellor Bloqueadora da liga.
  Unha semana máis continúan sen apearse das estatísticas as xogadoras lucenses Sara Folgueira, 2ª como Anotadora, Bloqueadora e Atacante, e Carmen Carvajal, nesta ocasión 2ª Receptora.

  

TAGS: