/DIA INTERNACIONAL DA MULLER

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

  Hoxe en día 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da Muller, conmemórase a loita da muller pola súa emancipación.
  Moitos
son os actos que nos recordan a loita das mulleres pola IGUALDADE co
home na construción da sociedade, demasiados os feitos que nos fan dicir
NON a eiva social da VIOLENCIA CONTRA A MULLER, incrible que o MESMO
TRABALLO
non xere os IGUAIS INGRESOS só porque o exerzan homes ou
mulleres, xa está ben de exercer como homes a tutela sobre o corpo da
muller, a decisión corresponde á muller, a convivencia lévanos ao
recoñecemento dos demais polo que non estamos de acordo coa segregación
por sexo
na escola.
  Por isto e outras moitas razóns, pero sobre todo
porque non estamos de acordo con que teñamos os mesmos deberes e
diferentes dereitos, non queremos apoiar a marxinación da muller por ser
muller.

  O DEPORTE FEMININO contribúe a dar visibilidade ás mulleres,
atrás deixamos o carácter residual do deporte feminino e cada vez máis
mulleres practican un deporte e as nosas representantes en calquera
especialidades deportivas obteñen mellores resultados.

  Polo deporte
feminino, polo acceso da muller ao deporte, invitámoste a que leves un
lazo morado
ao partido desta tarde entre o CV Leganés e o CV Zalaeta no Barrio ás 19:00.

  Con orgullo, son muller e son deportista.
TAGS: