/ESTATÍSTICAS DA XORNADA 17.

ESTATÍSTICAS DA XORNADA 17.

 
  Martes estatístico. Chega o día das estatísticas de SF2, regularmente os martes a RFEVB
publica o mellor da xornada, e aquelas xogadoras destacadas teñen un
lugar nas clasificacións das diferentes categorías individuais.
  Unha vez mais o EMEVE de Lugo é protagonista da xornada, nesta ocasión por medio da súa xogadora Carmen Carvajal MVP da xornada, despois dunha destacada actuación no partido contra Sant Boi, con 28 puntos, encabeza as clasificacións de Mellor Atacante e Máxima Anotadora, e é segunda na de Mejor Sacadora. As tamén lucenses, Sara Folgueira, segunda Mellor Atacante e Mª Fe Pena aparece na clasificación de Mellores Liberos que encabeza a viguesa do Xuvenil Teis Ania González, Noemí Araujo, terceira Mellor Receptora.
  Na clasificación de Mellores Bloqueadoras, en terceiro lugar figura a central coruñesa do FisiomásZalaeta, Lydia Alonso,
que está a realizar un segunda volta magnífica despois de recuperarse
da lesión que a tivo apartada das canchas ata o mes de xaneiro, e nesta
ocasión repite, despois da xornada 14, tamén no Sete Ideal da Xornada.

 

TAGS: