/PRÓXIMOS PARTIDO.

PRÓXIMOS PARTIDO.

 

  Xornada de voleibol do fin do próximo sábado día 22 de febreiro.

  O FisiomásZalaeta recibirá este sábado ao Tenerife Santa Cruz, nesta ocasión en partido que non se xogará no Barrio, senón no S. Francisco Javier a partir das 19:00.
  Finalizada a Superliga Júnior, as xuvenís Lydia, Patri e Andrea incorpóranse ao equipo de SF2 co que o adestrador Jorge Barrero
terá á súa disposición o equipo ao completo para enfrontarse ao equipo
tinerfeño, despois de desprazarse a Almería practicamente en cadro para
xogar o partido da xornada anterior no que o Zalaeta a duras penas rabuñou un punto. O partido ante o Voley Is Life Grupo
2008
era un partido importante, as almerienses seguen o ronsel das
coruñesas e dispútanlle a cuarta praza da clasificación, e ademais
tratábase de devolverlles o resultado da súa visita ao Barrio das
Flores, no que as de Gonzalo García se impuxeron ás locais na quinta xornada por 1-3, resultado que á sobremesa lle valeu ao Voley is Life para entrar na copa Princesa desprazando o FisiomásZalaeta.
  Foi un encontro complicado e raro, no que houbo alternacia
no marcador, un set para cada equipo, para chegar ao quinto que se
prolongou sen que ningún dos dous se decidise a pechalo ata chegar ao
23-21 favorable ás locais. No primeiro set, o Zalaeta
cedeu o 1-0 cando levaba un parcial favorable de 14-21, para realizar
tamén unha remontada épica no cuarto set e forzar o empate e a
resolución nun quinto set de longa duración que finalizou a favor do
Voley is Life.

 Non se lle puido gañar ás de Almería, pero regresouse cun punto moi valioso e cunha destacada actuación de Patricia Suarez,
que con 27 puntos, 6 de saque e 3 bloqueos, unha vez máis figura por
méritos propios nas estatísticas da xornada nas categorías de Atacantes, Sacadoras e Anotadoras.
  O equipo de Tenerife ocupa a décima posición, e conta coa súa xogadora Melody Díaz entre as mellores atacantes da liga, tratará de non dar facilidades na cancha e de obter algo positivo nos últimos compase da liga, ante un Zalaeta que quere os tres puntos para asegurarse a cuarta praza e estar atentos ao que fagan os equipos de arriba.
Xornada complicada, dous partidos para o Torrelavega, o Grupo visita Teis e EMEVE, Sant Boi, os equipos que queiran estar arriba, non deben de fallar se non se queren complicar a vida

………………………….
  Finalizada a Superliga Júnior, o CVI Zalaeta retoma a competición autonómica cun enfrontamento en categoría xuvenil, co XAV Cambados o sábado día 22 ás 12:00 no Pavillón do Instituto Zalaeta.
 
  Na segunda posición e con 30 puntos, as pupilas de D. Hermida deben de sumar neste partido na casa para continuar nos postos de cabeza á espera do partido que as enfrontará o líder, o EMEVE,
no que pode ser o partido decisivo na categoría para definir os postos
finais, e coa vista posta no Campionato galego que se xogará entre os
catro primeiros unha vez concluída a fase regular e que dará paso ao
Campionato de España de Clubs
.
  En Segunda División A, despois da parada do fin de semana anterior, tamén volvemos competir o sábado contra o XAV Cambados, no Polideportivo S. Francisco Javier  ás 16:00.
  Partido contra o Cambados
que será interesante, as locais, cuartas, haberán de facer valer a súa
condición para impoñerse nun partido que pode ser importante para a
clasificación, nunha xornada na que se enfrontan o VoleyOurense,
terceiras, co UDC, colíderes.