/ESTATÍSTICAS DA XORNADA 14

ESTATÍSTICAS DA XORNADA 14

  Xa saíron publicadas as estatísticas realizadas pola RFEVB da xornada do pasado fin semana, na que o FisiomásZalaeta
se fixo cos puntos no encontro ante o Voley Playa, e de novo as
xogadoras coruñesas fanse un oco entre as destacadas da semana.
  Melody Díaz do Tenerife Santa Cruz, aparece como Mellor Atacante e tamén como Máxima Anotadora, o que a leva a ser a MVP da 14ª Xornada.
  Xornada na que a central galega Lydia Alonso, con 5 puntos de bloqueo se coloca como segunda mellor bloqueadora e se sitúa de novo no Sete Ideal De La Jornada, acompañada nesta ocasión da colocadora Cristina G. Bermejo. A representación galega complétana nesta ocasión, as xogadoras do Xuvenil Teis, Lucía Pérez terceira bloqueadora e Lorena Cruz, mellor receptora.

TAGS: