/DESPRAZAMENTO A SORIA NA 7ª XORNADA.

DESPRAZAMENTO A SORIA NA 7ª XORNADA.

   A xornada do fin de semana consta dun desprazamento a Soria para xogar o partido correspondente á xornada sétima de SF2, nun enfrontamento co equipo da concentración permanente, o CAEP Soria.
  
O equipo soriano, composto polas xogadoras da selección española
júnior, xoga na Liga SF2 como parte da súa formación e preparación para
os seus compromisos internacionais ás ordes do seleccionador nacional José M. Serrato e Begoña Sáez, e é polo tanto un equipo novo, pero en absoluto exento de calidade.
  
Nestes momentos marcha en 5ª posición con 10 puntos e cun partido
máis, xa que van adaptando o seu calendario aos seus compromisos noutras
competicións. O pasado sábado xogaron en Almería ante o Voleibol Is Life co que perderon 3-1, e no que a súa xogadora C. Canet logrou situarse no “siete ideal da Xornada”. Xogar na casa dálles seguridade, é onde se converten nun equipo perigoso e onde obteñen mais puntos.
Pola súa banda, o FisiomásZalaeta viaxa coas baixas xa coñecidas debidas ás lesións, ás que nesta ocasión se lle suman tamén as ausencias de Marga, Irene e Maca todas elas debido aos seus compromisos laborais. Esta situación provoca a incorporación das xuvenís Paula Lema e Alba Quirós, que reforzarán o equipo de SF2, xogadoras que contan coa confianza do adestrador Jorge Barrero.
   Esta circunstancia non debe de
ser un obstáculo para o equipo que vén demostrando que unha das súas
virtudes é a adaptación ás diferentes circunstancias e que sabe
enfrontar ben os contratempos.
   Jorge Barrero
coméntanos que “Estamos a demostrar que temos un equipo que ofrece
distintas posibilidades, e que ofrece bo rendemento con calquera esquema
táctico. Nesta ocasión incorporamos a dúas xogadoras xuvenís cuxo
rendemento no seu equipo e nos adestramentos é bo, e deste modo
presentamos un equipo xoven para enfrontarnos a outro equipo tamén xoven.”
 
   O partido, no polideportivo de Los Pajaritos a partir das 16:30.
O equipo viaxará como é habitual, con AUTOS CANCELA, cuxo autobús realizará a saída dende o Instituto de Zalaeta ás 18:40 do venres 15.

BOA VIAXE E SORTE!!
 
TAGS: