/ESTATÍSTICAS DA SEXTA XORNADA

ESTATÍSTICAS DA SEXTA XORNADA

   Hoxe martes fanse públicas as estatísticas da RFEVB da 6ª xornada nas que son protagonistas as xogadoras do FisiomásZalaeta.
 
Despois da derrota en Tenerife, a pesar do bo xogo do equipo, as
estatísticas veñen a referendar a boa actuación das pupilas de Jorge Barrero, cunha relevancia especial para Sara Díaz que se coloca como mellor atacante, mellor anotadora, 21 e 25 puntos respectivamente, e no sete da semana; Cristina de novo aparece, nesta ocasión como mellor bloqueadora con 6 puntos de bloqueo; Sheyla
encabeza a lista de receptoras cunhas excelentes porcentaxes, Rocío unha vez mais entre as mellores sacadoras, e para
finalizar, inicia as súas aparicións no cadro das mellores Sofía como
segunda mellor libre e incluída no sete da semana.
  Como MVP, a xogadora tinerfeña, Melody Díaz en virtude da súa eficacia no saque e a remontada do seu equipo.
   Resulta curioso que cuns
números como estes se poida perder un partido, é unha interrogante que
queda en espera de resposta, así como tamén é de destacar que de seis
partidos de liga, en tres ocasións as MVP saísen do encontro protagonizado polo Zalaeta, que non é senón evidencia da esixencia do xogo despregado polos equipos nestes choques.
  
O nivel de xogo é alto, e a pesar dos contratempos, a constancia e os
adestramentos provocarán de novo a obtención de resultados positivos.

   Parabéns  FisiomásZalaeta!!

TAGS: