/AMISTOSO INFANTIL

AMISTOSO INFANTIL

VER + FOTOS
   Esta mañá xogouse un novo
amigable de infantís no Pavillón do Instituto Zalaeta dentro da planificación de pretempada destes
equipos para que cheguen en óptimas condicións para a Liga de Deporte Galego que pronto comezará no pavillón do Monte Das Moas, a Catedral do voleibol.
  
Os adestramentos dan os seus froitos, e puidemos ver como ambos os
dous equipos realizaban xogadas previamente preparadas coas súas
adestradoras, nun deporte no que a estratexia é fundamental e os comezos
algo complicados. Van adquirindo a técnica necesaria con rigor e
adestramento no día a día á vez que se divirten practicando deporte como
unha actividade lúdica e formativa ao abeiro das instalacións do
Instituto Zalaeta.
   As adestradoras, nesta xornada, Mery, Vicky e Raquel, e como árbitro, sen o que non hai partido, Inés.
  
Bo ambiente na bancada entre os seguidores de ambos os dous conxuntos
cos que puidemos gozar ao finalizar dun agradable “terceiro tempo”.
TAGS: