/COMENZA A LIGA SF2

COMENZA A LIGA SF2

  Comeza a competición!

  O próximo dia 5 de Outubro arrinca  a Super Liga 2 de Voleibol Feminino, un ano máis  cunha ampla representación de equipos galegos, división na que militan o FISIOMÁSZALAETA da Coruña, EMEVE de Lugo e XUVENIL de Teis, facendo de Galicia a comunidade con maior representación na categoría.
   Unha Liga formada por doce equipos e  que se xogará a dobre volta,  en formato diferente ao do ano pasado no que dous grupos loitaron por un posto no Play Off, e na que se competirá polo ascenso á categoría de élite do voleibol español. Unha Liga na que pode pasar calquera cousa, todos os equipos tratarán de emular ao Vall d´Hebrón, campión da pasada tempada e actualmente en SFV, nunha competición na que podemos atopamos equipos como o de Tenerife, descendido de SFV, e unha serie de equipos veteranos da categoría como o GrupoVolei Praia  ou Torrelavega e recentemente chegados como Sant Boi e Volley is Life.
  O equipo de Zalaeta buscará un rendemento como o de tempada pasada, na que se clasificou para a fase de ascenso entre os mellores, cun persoal que combina a experiencia coa achega da canteira do Instituto, no que a súa referencia serán, sen ningunha dúbida, a oposta Patricia Suarez co seu potencial anotador, e o bloque formado polo equipo dirixido por Jorge Barrero e o seu segundo, José María Sánchez.

   O partido do próximo sábado ás 17:30 nos Canapés de Avilés, segundo J. Barrero, “será unha incógnita, de momento descoñecemos as prestaciones que poida ter A Curtidora logo da incorporación dos dous fichajes estadounidenses, unha colocadora e unha receptora, nun equipo que a priori busca o afianzarse na categoría”.
 
   Pola súa banda o FisiomásZalaeta viaxará Avilés coas baixas das centrais, Marga Echevarría por motivos laborais, e da xuvenil Lydia Alonso, á que unha inoportuna lesión de xeonllo na parte final da pretemporada, deixa fóra deste inicio liguero, e á que desde aquí desexamos unha rápida e sólida recuperación para volver ser parte importante deste equipo.
   A moral é alta, con ganas de obter unha vitoria neste primeiro encontro da tempada fóra de casa, para presentarse a seguinte xornada no Barrio ante o seu público.
      Neste enlace podedes ver o calendario e resultados:  CALENDARIO SF2
    A revista on-line “Nueve x 18”, de Léxico comunicación, no seu nº de outubro, publica un informe sobre a SF2.
 
TAGS: