/CONCENTRACIÓN DE VOLEI PRAIA EN BARRAÑA

CONCENTRACIÓN DE VOLEI PRAIA EN BARRAÑA

    Hoxe venres terá lugar nas instalacións da Praia de Barraña, Boiro, unha concentración de de xogadores de Volei Praia, en ambas as dúas categorías, convocada pola FGVB.
Trátase dunha xornada de tecnificación das que ten planificadas a
Federación con vistas ao desenvolvemento da presente tempada.
   As xogadoras e xogadores convocados, estarán ás 10:00 da mañá en Barraña a disposición do seleccionador Eloy Mahía, e finalizará a xornada á 18:00.
    Os convocados son os seguintes:
   Ana Bugallo de Barraña VP; Sofía Hidalgo, Sara Rivera, Andrea Rivas e Inés Rivas do CVI Zalaeta; Blanca e Claudia Rozas do EMEVE; María Alejandra Álvarez do VPV.
   Víctor Conde de COVP; Mario Dovale de EMEVE; Ismael Martínez do Barraña VP; Gabriel Do Carmen, Carlos López e Alex Parada do VPV; Pablo Penedo e Oscar Sánchez do C. Vigo.
TAGS: